Novas 2016

ESPECIAL

08 Xul 2016

Gipuzkoa, territorio remo

Gipuzkoa, territorio remo

A Orioko XXVI. Estropadak – IV. Orio Kanpina Bandera e máis a V Bandeira Eusko Label, encontros da fin de semana para a Liga San Miguel e Liga Euskotren

Gipuzkoa adquire papel protagonista este fin de semana coa presenza da Liga Euskotren e a Liga San Miguel en augas de Orio e San Sebastián, con motivo da desputa da Orioko XXVI. Estropadak – IV. Orio Kanpina Bandera no sábado a partir das 18.30 horas, e no domingo a partir das 12.00 horas da V Bandeira Eusko Label. Dous encontros, que ademais de serviren para dar nome á cuarta e quinta xornada da batalla pola Coroa CaixaBank, tamén servirán para saber que tres tripulacións acompañarán a San Juan Iberdrola na Liga Euskotren.

Un encontro o de Orio que, por terceiro ano consecutivo, desputarase no Oria, tendo as balizas de saída e chegada a carón da praza da vila, e que se desputará en formato contra o reloxo, tendo como orde de saída a clasificación xeral. O ano pasado, NT2 Hondarribia logrou a vitoria con un rexistro de 19’15”88, avantaxando en tres segundos á ‘Bizkaitarra’ de Kaiku Producha e en cinco aos locais de Orio Babyauto. Xa en 2014 a bandeira marchou para Bermeo, con unha ‘Bou Bizkaia’ que parou o tempo en 19’37”94, nove décimas mellor que Orio Babyauto. Mentres que a terceira praza foi para a ‘Ama Guadalupekoa’ a tres segundos.

En féminas a vitoria tamén foi cousa de detalles, aínda que nesta ocasión foi para San Juan Iberdrola. Se no 2014 as ‘Batelerak’ logrou un rexistro de 10’29”, avantaxando nun segundo a Hibaika Jamones Ancín, no ano pasado melloraron o seu rexistro en 10’28” e endosáronlle un segundo a Zumaia. Cómpre lembrar, que a orde de saída da regata feminina, que cubrirá unha milla e media, será por sorteo salvo no caso de San Juan Iberdrola, que saírá no último lugar como vixente campioa da Liga Euskotren.

E no domingo será o turno dun dos entornos clásicos do mundo do remo, a baía da Concha coa V Bandeira Eusko Label. Un encontro que se desputará en formato liña e cuxa orde de saída virá definido en base aos resultados do sábado. Un encontro que estes dous últimos anos tivo como protagonistas a Orio Babyauto, quen se impuxo en 2015 con un tempo de 20’13”66, e a Kaiku Producha, que fixo o propio en 2014 con unha marca de 19’49”14, mellorando en 14 centésimas o tempo de NT2 Hondarribia.

En categoría feminina, a vitoria o ano pasado foi para Zumaia con 11’06”28, que avantaxou en 11 segundos a San Juan Iberdrola. En 2014, pola contra, San Juan Iberdrola conseguiu gañar o encontro con un 10’43”28, mellorando en sete segundos o tempo de HIbaika Jamones Ancín.

Igualdade máxima

É un dos termos que vimos repetindo desde o inicio, a igualdade que reina entre todos os equipos. E reflexo disto é a clasificación xeral, na que NT2 Hondarribia e Urdaibai Avia están empatados a puntos na punta da xeral. Mentres que do cuarto ao noveno posto hai apenas seis puntos de diferenza. No que ao Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón se refire, Unai Osa ‘debutará’ de branco, aínda que está seguido moi de perto por Unai Oliden eEndika Pérez, de San Juan Iberdrola. 

Voltar