Novas 2016

ESPECIAL

09 Mai 2016

Asier imprime ritmo á #PlaylistDeMayo

Asier imprime ritmo á #PlaylistDeMayo

O remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia, Asier Hernández, crea unha playlist onde prevalece o xénero punk

Novo mes e nova playlist de outro remeiro da Liga San Miguel. Neste caso, o creador da #PlaylistDeMayo é o remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia, Asier Hernández. O remeiro de Zierbena, lévanos a gozar do punk vasco como nunca o fixeramos, xa que, na súa playlist atopamos cancións como "Blanco y negro" de Barricada, "Kualkier dia" de Piperrak ou "Pauso bat" de Soziedad Alkoholika. Ademais do punk, deixa espazo para o ska, onde o grupo Ska-P con "Naval xixon" e Betagarri con "Milaka izar berri", farán que comecemos a dar chimpos.

Grupos clásicos como Platero y tú con "El roce de tu cuerpo" e Rosendo con "Agradecido", tamén teñen cabida na playlist deste xoven remeiro.

Finalmente, Asier Hernandez, da man de Led Zeppelin co himno "Stairway to heaven" culmina a #PlaylistDeMayo. Non dubides en escoitar esta nova playlist e goza da música que utiliza o remeiro 'galipo' no seu día a día. 

 

Voltar