Novas 2015

COMPETICION

07 Ago 2015

Dobre encontro en augas galegas

Dobre encontro en augas galegas

Este fin de semana desputarase a I Bandeira Illa de Samertolameu - Concello de Moaña no sábado e a XXV Bandeira Concello de Boiro no domingo

Despois do alto no camiño suposto polo Campionato de España de Traíñas, volve a Liga San Miguel con máis forzas que nunca para enfrontar o tramo decisivo da tempada. Este fin de semana a competición trasladarase a terras galegas para desputar a décima e décimo primeira xornadas da Liga San Miguel, que suporán o adeus da temporada a esta comunidade.

A Liga San Miguel chega a este punto da tempada con moitos frentes abertos en todas as partes da clasificación. NT2 Hondarribia segue líder con 101 puntos, e ten unha vantaxe xa de 11 puntos sobre Urdaibai Avia, que é segundo con 90 puntos. O terceiro posto é para Orio Babyauto con 78 puntos e San Juan Iberdrola pecha a quenda de honra, con 68 puntos. No trofeo "la Caixa" ao Mellor Patrón, Irakoitz Etxeberria, de Orio Babyauto, ocupa a primeira posición da táboa con 15 puntos, seguido por Asier Zurinaga, de Kaiku Producha, con 10 puntos.

Esta I Bandeira Illa de Samertolameu - Concello de Moaña disputarase o sábado a partir das 18:00 horas, e suporá a estrea deste campo de regatas na Liga San Miguel, aínda que xa se teñan desputado varias edicións na Liga Galega. Samertolameu Rodman Group xa sabe o que é gañar neste escenario, xa o fixo no 2014 e 2013 con tempos de 19'38"14 e 19'43"39 respectivamente. Este campo de regatas ten a habitual distancia de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas.

A composición das quendas para esta décima xornada da competición farase en base á clasificación xeral da Liga, polo que Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero estarán na primeira quenda. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Tirán Pereira e Kaiku Producha. Por último, na quenda de honra loitarán San Juan Iberdrola, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

Xa no domingo, ás 12:00 horas, a competición trasladarase a Boiro onde se desputaron sete edicións desta regata na Liga San Miguel. NT2 Hondarribia e Orio Babyauto conseguiron dúas victorias cada un neste escenario e tamén conseguiron a victoria aquí Castro, Urdaibai Avia e Astillero. En 2006, NT2 Hondarribia marcou un rexistro de 19'09"09 que é até a data o mellor tempo neste campo de regata na Liga San Miguel. A respecto das diferenzas rexistradas entre primeiro e segundo clasificado, en 2005 tras un final de regata apaixonante Astillero non puido facerse coa bandeira por só 0"64, en beneficio de NT2 Hondarribia. Ao contrario, a diferenza máis grande entre os dous primeiros da clasificación final deuse en 2004, cando Urdaibai Avia conseguiu a victoria con unha vantaxe de 9"64 sobre o segundo, NT2 Hondarribia.

O campo de regatas desta Bandeira Concello de Boiro ten unha distancia de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, onde as balizas interiores estarán situadas en frente de porto de Cabo da Cruz. As quendas estableceranse en base aos resultados do día anterior, seguindo a clasificación final da I Bandeira Illa de Samertolameu - Concello de Moaña.

Voltar