Novas 2015

ESPECIAL

08 Xu˜ 2015

Descarga xa a nova app da Liga San Miguel

Descarga xa a nova app da Liga San Miguel Descarga xa a nova app da Liga San Miguel

Consulta todos os planteis, xornadas e segue ao vivo todas as regatas da tempada

Un ano máis a tempada estival de remo está a piques de comezar e os afeccionados xa poden estar ao tanto da última hora de todo o que acontece na competición grazas á nova app da Liga San Miguel. Con esta aplicación para móbil ou tablet os afeccionados poderán desfrutar das últimas noticias, todos os planteis da Liga San Miguel e da Liga Euskotren, información sobre as 19 xornadas da tempada, fotos... para estar informado sobre a loita pola Coroa “la Caixa”.

Como o ano pasado, a aplicación conta coa posibilidade de seguir as regatas en directo grazas ao sinal GPS que che fará saber minuto a minuto a posición das 12 traíñas participantes nas regatas. Por outra banda tamén podes gozar de información actualizada sobre os planteis de todos os competidores e fotos de todas as regatas da tempada.

Podes gozar xa de todas as posibilidades desta impresionante ferramenta descargándoa de xeito gratuito desde www.ligasanmiguelapp.com.

Voltar