Novas 2015

ESPECIAL

03 Xu˜ 2015

David Álvarez marca o ritmo na #PlaylistDeXuño

David Álvarez marca o ritmo na #PlaylistDeXuño

O veterano patrón de Tirán preséntanos unha listaxe chea de Rock e Metal

Con menos dun mes por diante para que dea comezo a Liga San Miguel deste ano, os clubs apuran os seus últimos días de preparación para chegar en condicións óptimas á III Bandeira Euskadi - Basque Country, o día 28 de xuño en augas malagueñas. Un dos que vai estar alí para dar comezo á tempada é David Álvarez, patrón de Tirán, que este mes é o encargado de traernos a #PlaylistDeXuño, collendo o testemuño do hondarribiarra Manex Aldai. Este galego traenos unha listaxe chea de grupos míticos do Metal, xunto con varias cancións do mundo do Rock. O Nu Metal ten unha ampla representación este mes con cancións como Falling Away From Me ou Freak on a Leash de Korn e People = Shit, Snuff ou Before I Forget dos estadounidenses Slipknot. Seguindo con metal atopamos grupos como Audioslave, Machine Head e a banda vitoriana Soziedad Alkoholika con Cuando nada vale nada.

O rock tamén fai a súa aparición nesta compilación da man de grupos que son referentes dentro dos seus estilos musicais. Da carreira en solitario do mítico guitarrista de Guns N´Roses Slash temos Bent to Fly e No More Heroes. A banda californiana The Offspring tamén fai a súa aparición coa súa coñecida canción All I Want. Álvarez tamén quixo incluír nesta listaxe algún grupo do seu contorno próximo, e por iso temos nesta playlist o grupo vigués Aphonnic co tema Mi Capitán, do seu último disco Heroes. Para rematar con esta grande recompilación temos os cataláns La Pegatina con Gat Rumberu e Lacón con Grelos.

Cómpre sinalar que David Álvarez é un grande afeccionado á música e inclusive formou parte dun grupo chamado Nenö, e aquí vos deixamos unha canción destes galegos:

 

 

#PlaylistDeXuño

Cochise – Audioslave
Be Yourself – Audioslave
Revelations – Audioslave
One – Metallica
Enter Sandman – Metallica
Fade to Black – Metallica
Master of Puppets – Metallica
Falling Away from Me – Korn
Freak on a Leash – Korn
People = Shit – Slipknot
Snuff – Slipknot
Before I Forget – Slipknot
Halo – Machine Head
Bent to Fly – Slash Rock
No more Heroes – Slash
All I Want – The Off Spring
Mi Capitán – Aphonnic
Gat Rumberu – La Pegatina
Lacón con Grelos – La Pegatina
Cuando nada vale nada – S.A.  

Voltar