Novas 2015

ESPECIAL

02 Xu˜ 2015

A gala da ACT terá lugar no sábado en Donostia

A gala da ACT terá lugar no sábado en Donostia

O encontro será no Auditorio Kursaal da capital guipuscoana a partir das 19:30 horas

O Auditorio Kursaal de Donostia será o lugar escollido para celebrar o vindeiro sábado 6 de xuño a gala de presentación da Liga San Miguel 2015, á que se aguarda que acudan ao redor de 600 convidados. O encargado de dirixir esta velada será Angel Alkain, presentador e humorista de EITB, nunha gala na que se premiará os protagonistas da pasada tempada: NT2 Hondarribia, campión da Liga San Miguel, e a San Juan Iberdrola, actual gañadora da Liga Euskotren.


Ademais, nesta gala tamén se recoñecerá o labor dos equipos en outras categorías como o da traíña máis rápida, o mérito deportivo, a mellor canteira,o mellor patrón, mellor adestrador (mediante unha votación entre os adestradores da Liga San Miguel), a mellor regata (votada tamén entre os clubs) e un premio honorífico que será entregado por Pedro Andueza, presidente da ACT.


Por outra banda, a gala tamén servirá de presentación da nova tempada da Liga San Miguel, onde os 12 clubs loitarán por se faceren coa Coroa “la Caixa”, e a Liga Euskotren. Durante o acto visualizarase un vídeo especial sobre a nova tempada, haberá diferentes discursos e un cóctel final para os convidados que se acheguen ao evento. Finalmente, cómpre salientar que despois da gala, quen o desexe, poderá achegarse á terraza do Kursaal para disfrutar do partido da final da Champions League na pantalla xigante mentres se toma unha cervexa San Miguel nas carpas dispostas para a ocasión.

Voltar