Novas 2015

ESPECIAL

04 Mai 2015

Manex Aldai marca o ritmo na #PlaylistDeMaio

Manex Aldai marca o ritmo na #PlaylistDeMaio

Este mozo remeiro de Hondarribia Arraun Elkartea traenos unha listaxe na que mestura o rock coa música electrónica

Unha vez coñecido o calendario da Liga San Miguel para este verán os remeiros ultiman a súa posta a punto para a tempada, e un deles, Manex Aldai, de Hondarribia Arraun Elkartea, con esta #PlaylistDeMaio traenos unha mostra dos seus gustos musicais collendo así o testemuño de Ivan Gómez na #PlaylistDeAbril. O mozo remeiro hondarribiarra preparou unha listaxe na que conviven ritmos electrónicos con grupos de Rock e Hardcore. Por un lado, podemos atopar varias cancións do grupo vasco de rock Kuraia, como son Gizon Sikodelikoa, Piztu da Piztia, Egunsentian, Güello Gorria e Oihu. Seguindo coa representación do rock vasco podemos atopar nesta listaxe a canción Arima Lapurra do grupo SextySexers. O hardcore tamén se fixo un oco da man do grupo catalán KOP con Tu Voz Estalla Dentro, e dos sevillanos Narco con Los Sicarios. Rage Against the Machine traenos tres das súas cancións para redondear esta primeira parte da playlist, como son Renegades of Funk, Wake up ou Guerrilla Radio, tema grabado ao vivo no Gran Auditorio Olímpico de Los Ángeles.

Na segunda metade desta recompilación predomina a música electrónica chegada de Francia con varios dos seus representantes. Aldai traenos catro cancións do dúo de DJs chamado Justice: Civilization, Stress, Phantom Part 1.5 e Phantom Part 2. Vitalic tamén fai a súa aparición con Rave Kids Go e La Rock 01. Para finalizar, nesta listaxe tamén podemos atopar cancións como Testarossa Autodrive de Kavinsky, Le Banquet do cuarteto C2C e Rocksteady do DJ italiano The Bloody Beetroots.

#PlaylistMayo

Vitalic - Rave Kids Go

Kuraia - Piztu da Piztia

Kuraia - Gizon Sikodelikoa

Narco - Los Sicarios

Justice - Civilization

Kuraia - Güello Gorria

Rage Against The Machine - Renegades

Kuraia - Oihu

Justice - Strees

Justice - Phantom Part 1.5

Justice - Phantom Part 2

Rage Against the Machine - Guerrilla Radio (Live)

SextySexers - Arima Lapurra

Kavinsky - Testarossa Autodrive

Vitalic - La Rock 01

Rage Against the Machine - Wake up

KOP - Tu Voz Estalla Dentro

C2C ft. Netik, Tigerstyle, Rafik, Kentaro & Vajra - Le Banquet

The Bloody Beetroots - Rocksteady

Kuraia - Egunsentian

Voltar