Novas 2014

ESPECIAL

11 Set 2014

A Coroa "la Caixa" atópase en Bermeo

A Coroa "la Caixa" atópase en Bermeo

O trofeo estará na localidade biscaína até o vindeiro 21 de setembro, momento no que marchará á vitrina do gañador da Liga San Miguel

Nova parada da Coroa "la Caixa" que, despois de ter pasado a anterior semana na Gran Vía de Bilbao, chega á derradeira parada deste pequeno ‘tour’ que a levou todo o verán a viaxar por diferentes localidades. O galardón ao que todos aspiran descansará na oficina que "la Caixa" ten na Praza Lamera número 1. Alí estará até o vindeiro 21 de setembro, momento no que o trofeo fará a súa derradeira viaxe, que non será outra que ás vitrinas do club que máis regular se mostrara nas 19 xornadas que compoñen a Liga San Miguel. 

Voltar