Novas 2014

COMPETICION

29 Abr 2014

Sete aspirantes para tres billetes

Sete aspirantes para tres billetes

Catro embarcacións guipuscoanas, dúas galegas e unha cántabra tratarán de gañar o dereito de remar na Liga Euskotren canda  Zumaia, vixente campioa

A Liga Euskotren xa quenta motores para enfrontar a súa sexta tempada, a cal levará as embarcacións a disputar un total de oito probas, tendo o seu comezo en augas de Pedreña e o seu remate en Zarautz. Unhas probas que, de momento, apenas tenrán como fixa á vixente campioa, Zumaia. As zumaiarras, que no ano pasado conseguiron imporse en sete dos oito encontros da Liga Euskotren, lograron alzárense por segundo ano consecutivo co máximo galardón e deste xeito garantiron a presenza na competición da presente tempada. Para as outras tres prazas que se porán en xogo haberá un total de sete aspirantes: catro tripulacións vascas, dúas galegas e unha cántabra.

Desde Galiza pelexarán por un deses tres billetes dúas tripulacións: Cabo e Samertolameu. Ambos clubs veñen demostrando nesta pretempada o seu bo rendemento tanto en descensos como en outras modalidades cortas como o batel. Por outro banda, desde Cantabria, Santoña Grupo Tanet, coa experiencia do ano pasado, tratará de tirar o máximo rendemento posíbel ao seu mozo plantel. E no apartado de tripulacións vascas repiten as tres traíñas que no ano pasado,  canda Zumaia, vogaron na máxima categoría: Hibaika Jamones Ancín, San Juan Iberdrola e Orio Babyauto. As tres traíñas demostraron estar a un nivel parello, aínda que é ben certo que as de Errenteria foron quen acabaron levando as citas importantes do inverno. Completa a partida de tripulacións vascas a tamén guipuscoana Getaria-Zarautz, conxunto que uniu forzas para facer frente aos 'galos' da categoría.

Daquela, estas sete aspirantes aos tres billetes que outorgan a oportunidade de vogaren xunto a Zumaia na Liga Euskotren terán as xornadas clasificatorias o 12 e 13 de xullo en Pedreña e Donostia. Estas xornadas, para alén de seren eliminatorias, tamén serán puntuábeis para a clasificación xeral. A partir de aí, e de xeito ininterrumpido até agosto, a competición levará as catro embarcacións a escenarios como Pasaia, Orio, Getxo e Zierbena. E por último, e como ven sendo tradición, as regatas de Zarautz do 16 e 17 de agosto porán o punto e final á Liga Euskotren.

Voltar