Novas 2014

ESPECIAL

14 Abr 2014

Un calendario de traballo de 11 meses (II)

Un calendario de traballo de 11 meses (II)

Neste segundo capítulo, coñeceremos en que consiste a segunda fase da tempada que está totalmente condicionada pola competición

Unha vez coñecido en que consiste a primeira grande fase da tempada, a denominada como período de inverno, que realmente, tal e como nos explicou Igor Makazaga no capítulo anterior, abarca parte do outono, inverno e primavera, é momento de saber máis da segunda e última fase da planificación: o verán. Un periodo no que o traballo na auga adquire un protagonismo case total, aínda que sen descoidar tampouco o de terra. "Se é preciso compatibilizalo con traballo en terra, faise. Porque está claro que cando xa vas á auga, perdes un pouco o control individual do remeiro". Malia isto, a tecnoloxía facilita ao adestrador este control que até hai pouco era impensábel. "Dos clásicos pulsímetros, até sensores e acelerómetros que situamos nos toletes para medir a potencia de cada remeiro".

Outro dos temas que máis inquedanzas suscita son os picos de forma, aqueles momentos da tempada nos que, despois dunha preparación moi sistemática, o remeiro chega ao seu límite máximo de forma. "Ao final eu penso que a idea é ser regular ao máis alto nivel posíbel. Mais hai moita competición e a Liga San Miguel tampouco che permite traballar tanto entre semana e apostar tan fortemente por unhas datas concretas". Unha vez rematado o período de competición chega a fase de descanso. "Non lles poñemos plan ningún, pero o propio deportista fai o seu propio e nese mes de descanso consérvase como o que é: un deportista", conclúe Igor Makazaga.

Voltar