Novas 2014

ESPECIAL

12 Feb 2014

Julen Castrillon poñe o ritmo de la #PlaylistDeFebreiro

Julen Castrillon poñe o ritmo de la #PlaylistDeFebreiro

El de Hondarribia Orsa estrea esta nova sección que servirá para que un remeiro poña o ritmo musical do mes á Liga San Miguel

Esta semana arrincamos con unha nova sección. Unha sección que nos servirá para poñer o ritmo ao noso día a día. E é que de forma mensal, un remeiro fará unha selección das 20 cancións que estea escoitando nese momento, que utilice para adestrar, que lle guste poñer antes das regatas… E con elas, a través de Spotify, creará a playlist do mes da Liga San Miguel.

Así pois, o encargado de inaugurar esta sección é Julen Castrillon, remeiro de Hondarribia Orsa e que nas últimas tempadas está sendo o encargado de marcar o ritmo á banda de babor da ‘Ama Guadalupekoa’. Este hondarribiarra, que pese á súa xuventude coñece de sobra o significado de gañar as bandeiras máis importantes,  preparounos unha lista cargada de contrastes na que predomina o hard rock dos guipuscoanos ‘Kuraia’, o metal alternativo dos californianos ‘RATM’ ou as punzantes rimas dos rapeiros valencianos ‘Los Chikos del Maíz’. Aínda que tamén inclue cancións de outros xéneros como a dos zarauztarras ‘Delorean’, o cantautor americano ‘Bon Iver’ ou a dos parisinos ‘Black Strobe’. Ademais, tampouco se esquece dos clásicos da escena musical vasca como é o caso do oriotarra Benito Lertxundi –grande seguidor do remo- ou Sorotan Bele. Unha selección, sen dúbida, capaz de alterar calquera ritmo en cuestión de dúas cancións e que conforma a #playlistdefebreiro da Liga San Miguel.

Click para escoitar a playlist no Spotify

 

#PlaylistdeFebreiro

1- Black Strobe - I'm a man

2- Kuraia - Egunsentian

3- Rage Against The Machine - Guerrilla radio

4- Sorkun - Rescue me

5- Los Chikos del Maíz - Pasión de Talibanes

6- Itoiz - Elurretan

7- Beti Mugan - Filosofi aldaketak

8- Sexty Sexers - Arima lapurra

9- Kuraia - Ezin gelditu

10- Rayden - Si vas

11- Rage Against The Machine - Testify

12- Sorotan bele - Argiaren hiria

13- Zarama - Zoaz Euskal Herrira

14- Delorean - Moonson

15- Kuraia - Biluztu

16- Los Chikos del Maíz – T.e.r.r.o.r.i.s.m.o.

17- Tapia eta Leturia - Maitatzen zaitudalako

18- Benito Lertxundi - Udazken koloretan

19- Delirium Tremens - Ikusi

20- Bon Iver - Skinny love

Voltar