Novas 2013

COMPETICION

22 Xul 2013

FESTA DO REMO EN GETXO: TRES REGATAS NUNHA VILA TRADICIONAL

FESTA DO REMO EN GETXO: TRES REGATAS NUNHA VILA TRADICIONAL

O Porto Vello será o escenario da cita nunha tarde sen igual: 4ª xornada da Liga Euskotren, 10ª da Liga San Miguel, e regata da ARC-2, coa participación da traíña de casa

A Liga San Miguel – Coroa La Caixa vai cruzar o ecuador esta semana. 19 probas marcaban o calendario, e este sábado dispútase a 10ª proba puntuábel no Porto Vello de Algorta, en Getxo. Alí vaise celebrar unha das regatas con máis sona de todo o Cantábrico: GETXOKO ESTROPADEN XXXV. IKURRINA. Son xa 35 edicións as que se van disputar na vila biscaína, praza tradicional onde as haxa. Getxo é unha das referencias da ACT, xa que nos 10 anos de existencia da Asociación, sempre se disputou unha regata en Getxo. A vila celebra as súas festas patronais, e o menú remeiro preparado polos organizadores é inmellorábel. Ás 18h00, 4ª regata puntuábel da Liga Euskotren, seguidamente 10ª proba da Liga San Miguel, e unha vez finalizadas as tres quendas, regata da ARC-2, coa participación da anfitrioa, Getxo, que mantén loita pechada con San Pedro B para conseguir o liderado da súa división.

Este mediodía procedeuse á presentación do evento na sala de prensa da Policía Local de Getxo, e a ela achegáronse o alcalde de Getxo, Sr. Imanol Lasa, o Concelleiro de Deportes da vila, Sr. Alvaro González, el presidente de Getxo AE, Sr. Marcos Bretos, el remeiro veterano de Getxo AE, Sr. José Antonio Zubizarreta, el presidente del CR Raspas, Sr. Jon Garamendi, y o xerente da ACT, Sr. Iñaki Mikeo.

A regata feminina disputarase a dous longos e unha ceavoga, e Zumaia Salegi Jatetxea Itziar tentará manter o seu dominio: tres regatas, tres bandeiras. No que respecta á Liga San Miguel, imposíbel pedir máis igualdade. Orio Babyauto relegou a Kaiku Ambilamp á 2ª posición, aínda que as dúas traíñas están empatadas a puntos, con 91, e Urdaibai Umpro Avia tamén se mantén ao axexo, con 88 puntos. Cómpre salientar tamén a evolución de Hondarribia Orsa, vencedora de dúas bandeiras na última semana, e que xa é 4ª da clasificación xeral, con 77 puntos.

Voltar