Novas 2012

COMPETICION

11 Xul 2012

A BANDEIRA EUSKADI SABORÉALA UNIRÁ DEPORTE E TURISMO EN GALIZA

A BANDEIRA EUSKADI SABORÉALA UNIRÁ DEPORTE E TURISMO EN GALIZA

O Grove converterase na capital do remo o sábado pola tarde

O pelotón da Liga San Miguel acode á costa galega a fin de semana co obxectivo de ofrecer un fermoso espectáculos aos galegos, e a todos os seareiros doutras rexións que se acheguen até a provincia de Pontevedra. Esta cita é en O Grove o sábado pola tarde, ás 18:00, en San Vicente do Mar, en Pedras Negras, e coas cámaras de TVG, ETB e CANAL VASCO en directo. A regata está organizada pola ACT, coa colaboración do Club de Remo de Mecos.

 

No verán, o turismo é vida para os pobos costeiros galegos, e que mellor que o tirón que ofrece a mellor liga de remo: a Liga San Miguel. Consciente da importancia que ten a promoción do turismo, o Goberno Vasco, mediante o seu Departamento de Turismo, patrocinará a regata do sábado en O Grove. Alí disputarase a primeira edición da BANDEIRA EUSKADI SABORÉALA, nome da campaña que o Goberno Vasco leva a cabo, dende fai tempo, para facer promoción do turismo de Euskadi en lugares estratéxicos. Este mediodía celebrouse a presentación da devandita regata en O Grove, no hotel Maruxía, e a ela acudiron  o Sr. Juan Ramón Outeda, presidente do club de remo Mecos, o Sr. Miguel Angel Perez, alcalde de O Grove, o Sr. Alfredo Bea, concelleiro de Deportes do concello de O Grove, e o Sr. Iñaki Mikeo, xerente de ACT.

 

A regata do sábado será a 5ª puntuábel da Liga San Miguel, e chega nun momento importantísimo para a única traíña galega da Liga San Miguel. Xusto cando Tirán conseguiu colarse entre as catro mellores, e baterse o cobre cos galos da Liga: Hondarribia Orsa, Kaiku Ambilamp e Urdaibai Umpro Avia. As catro grandes vogarán na quenda de honra, e que dúbida cabe que terán o apoio da parroquia local. Hai que ter moi presente que os rapaces de Dani Pérez Fandiño quedaron en Zarautz a 16 centésimas da gloria, da súa primeira bandeira. Nada. Nin media onda, nin unha empopada! Decepción mais forza para intentar alcanzar a Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa, que conseguiron unha distancia xa considerable: sete e nove puntos, respectivamente.

Voltar