Novas 2012

COMPETICION

04 Xul 2012

PRESENTACIÓN DA BANDERA DA NOBLE VILLA DE PORTUGALETE

PRESENTACIÓN DA BANDERA DA NOBLE VILLA DE PORTUGALETE

Portugalete destino das competicións masculina e feminina

A competición de remo non descansa. Tralos sobresaltos da primeira fin de semana, chega o 2º, con máis competicións, e se cabe, máis alicientes. A Liga San Miguel disputará a 3ª e 4ª regatas puntuables, e a Liga Euskotren tamén comezará a vogar con sete embarcacións en liza. Portugalete e Zarautz acollerán ámbalas dúas regatas. Portugalete é un clásico no mundo do remo, o sábado disputarase a XXXI. Edición da NOBLE VILLA DE PORTUGALETE, e á presentación asistiron o alcalde da vila, Sr. Mikel Torres, o concelleiro de Deportes do Concello de Portugalete, o Sr. Ángel Anero, e o presidente do club, Sr. Javier González.

 

Especial porque La Jarrillera está este ano competindo coas mellores, na Liga San Miguel, e tras un comezo un tanto dubitativo, quererán dar o do de peito ante os seus fieis afeccionados. Moito en xogo na ría de Portugalete, e por primeira vez na tempada, as favoritas a gañar a Liga competindo na mesma quenda: Kaiku Ambilamp. Hondarribia Orsa, San Juan Iberdrola e Urdaibai Umpro Avia.

 

Atención especial tamén ao comezo da Liga Euskotren. As dúas primeiras regatas serán clasificatorias, para decidir os tres clubs que van remar na Liga Euskotren, pero á súa vez, serán puntuables para a mesma competición. A primeira cita será o sábado ás 18:00 na ría, coa disputa da BANDEIRA KUTXABANK.

 

Seis traíñas loitarán por conseguir tres prazas, e remar na Liga Euskotren: Hibaika Jamones Ancin, Hondarribia Orsa, Orio Babyauto, Rianxeira Mecalia, San Juan Iberdrola e Zumaia Salegi Jatetxea. Getaria-Tolosa quedará libre desa loita, xa que obtivo a clasificación directa ao vencer a Liga Euskotren da tempada pasada. As dúas regatas disputaranse na modalidade de contra o reloxo, e todas as traíñas partirán cun intervalo dun minuto. O sorteo de saída efectuarase na zona de delegados, dúas horas antes do comezo da regata.

 

Puntuarase segundo a clasificación obtida en cada regata. A 1ª clasificada 7 puntos, e así sucesivamente, ata a última clasificada, que obterá un só punto. Tras as dúas regatas, farase a suma de puntos obtidos, e as tres mellores conseguirán a praza para vogar xunto a Getaria Tolosa na Liga Euskotren 2012.

Voltar