Novas 2011

COMPETICION

07 Xul 2011

GALIZA VÓLCASE CO REMO: DOBRE CITA COA II BANDEIRA MAR DE MOAÑA E BANDEIRA OPIRATA.COM

GALIZA VÓLCASE CO REMO: DOBRE CITA COA II BANDEIRA MAR DE MOAÑA E BANDEIRA OPIRATA.COM

Os 12 clubs da Liga San Miguel - Coroa Mapfre remarán en Moaña nunha dobre xornada de traíñas.

Moaña, 07 de xullo de 2011.- Galiza vólcase esta fin de semana coa Liga San Miguel - Coroa Mapfre e co remo. O concello pontevedrés de Moaña acollerá as competicións do sábado e do domingo. As doce mellores tripulacións de traíñas seguen inmersas na loita por acadar a Coroa Mapfre, e para conseguir o botín máis cobizado dos 22.500 euros en premios con que está dotada cada proba.

O sábado disputaráse a II BANDEIRA MAR DE MOAÑA, a partir das 18:00 h., e será retransmitida en directo por TVG, ETB e ETB SAT. Hoxe ao mediodía celebrouse a presentación das regatas no Concello de Moaña. A ela asistiron o alcalde de Moaña, Sr. José Fervenza Costas, o presidente da Sociedade Deportiva Tirán, Sr. Ángel Costas o concejal de deportes Sr. Jorge Santomé, el representante de Fandicosta, Sr. Jacobo Morgado e o xerente da ACT, Iñaki Mikeo.

As traíñas remarán sobre un percorrido de 5.556 metros (tres millas náuticas). Catro longos e tres ceavogas. O sábado confeccionaranse as tandas en base á actual Clasificación Xeral da Liga San Miguel. Esta cita será especial para a traíña de Tirán, que bogará ante os seus incondicionais co obxectivo de achergarse ós grandes e, lembrando as centésimas da tempada anterior, conseguir a súa primeira bandeira da Liga San Miguel.

O domingo será a vez da BANDERA OPIRATA. A regata comezará ás 12h00 e as quendas definiranse tras a clasificación da regata celebrada o día anterior no mesmo campo de regatas.

Máis información en www.ligasanmiguel.com

Voltar