Novas 2011

COMPETICION

20 Xu˜ 2011

NOTA DE PRENSA ACT - BORDEAUX

A Xunta Directiva e Xerencia da ACT, ante o acontecido ao longo da fin de semana na competición de Burdeos, coa presente nota quere pedir de xeito sincero desculpas a deportistas e adestradores, clubs, directivos, afeccionados, patrocinadores, e cantas persoas depositaran a súa ilusión e confianza en poder desfrutar do evento, que polas circunstancias acontecidas non respostou ás súas expectativas. Asúmense os erros organizativos, que han ser analizados no seo da asociación para que non volvan producirse situacións tan desagradábeis e lamentábeis como as que se produciron.

Tanto ou máis importante coma calquera depuración de responsabilidades, sería neste momento traballar de xeito que se poida ofrecer a todos os axentes do mundo do remo, en especial aos deportistas e afeccionados, unha excelente competición en todos os seus sentidos. Alén das persoas que xestionen en cada momento a ACT, entidade propiedade dos seus 12 clubs socios, neste momento con máis responsabilidade e auto-esixencia que nunca, a nosa asociación debe comprometerse a ofrecer unha competición de máximas garantías e nivel organizativo. Estamos convencidos de que, aprendendo dos nosos erros, co apoio e entendemento de todos, tal obxectivo será acadado.

Voltar