Novas 2011

COMPETICION

11 Xu˜ 2011

TODO LISTO PARA O ARRANQUE DA LIGA SAN MIGUEL

TODO LISTO PARA O ARRANQUE DA LIGA SAN MIGUEL

O sábado 11 de xuño celebrouse en Santander a 4ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2011 coa participación de todos os clubs pertencentes á mesma.

Na Asemblea Ordinaria salientaron os seguintes puntos:

Aprobación do acordo coa empresa MAPFRE para patrocinar durante este ano a Liga San Miguel que organiza a ACT. Grazas a dito convenio, o Trofeo da competición pasará a se denominar COROA MAPFRE. A entidade tamén patrocinará o galardón de "Mellor Patrón" de cada xornada, ao que se lle fará entrega dun maillot da cor vermello co distintivo de MAPFRE e que terá como colofón o premio ao mellor patrón da tempada. As cores da entidade tamén estarán presentes nas balizas, meta, remos, etc.

Aprobación do calendario da Liga San Miguel 2011 (www.ligasanmiguel.com/calendario). Cómpre salientar que a primeira regata de Bordeaux non será puntuábel. A Liga comezará coa segunda regata de Bordeaux, 1ª xornada da Liga San Miguel: Grand Prix CCI de Bordeaux. Esta xornada disputarase na modalidade de contra o reloxo por parellas (3 quendas). En canto á regata do 23 de xullo organizada por Sanpedrotarrak AE, Pasaiako Portu Berrearen Bandera, celebrarase en liña a 6 longos e 5 ceavogas dentro da baía pasaitarra.

Aprobación do novo formato de disputa e nova regulamentación da Liga Feminina Euskotren para a tempada 2011. Este ano participarán 7 clubs distribuídos en dous grupos: Galiza Rianxeira, Getaria Tolosa, Zumaia, San Juan Iberdrola, Orio Babyauto, Hondarribia Orsa e Bizkaia. Cada grupo participará nunha regata por fin de semana e as dúas mellores de cada grupo pasarán a disputar nas dúas xornadas de Zarautz a Ikurriña de Zarautz e a Liga Euskotren. O calendario está publicado na Web da Liga Euskotren. Próximamente enviarémoslles os detalles respecto aos grupos e as súas xornadas.

Aprobación das modificacións da regulamentación antidopaxe presentadas, entre elas destaca a prohibición do uso de inxeccións para administrar fármacos ou substancias sen unha indicación médica clara e recoñecida.

Voltar