Novas 2011

COMPETICION

18 Abr 2011

NOTA DE PRENSA DA ACT

NOTA DE PRENSA DA ACT

Na nova publicada no xornal DEIA do 10-4-2011 dise: Maynar afirma terse informado e recompilado información suficiente para respotar ás acusacións de métodos pouco lícitos: "Eu xa pedín datos e xa vin cousas que quería ver. Pido, por favor, que investiguen os niveis de hematocritos e hemoglobina de Kaiku. Que se fixen nos valores da súa traíña. Seguro que algún dos seus remeiros non pasaba o corte dos vampiros do Tour. Por que son tan diferentes os valores de Urdaibai e de Kaiku? Non é porque uns coman máis carne que os outros. Se eses valores se deran no Tour, estarían continuamente vixiados polos vampiros". Na nova publicada no xornal EL CORREO de 17-4-2011 en entrevista a Marcos Maynar, este sinala: Eu tamén me informei e polo que puiden ver nos controis de hematocrito e hemoglobina que realiza a ACT, no Tour de Francia estarían moi por riba dos deportistas de Kaiku. O que xa non sei, iso haberá que llo preguntar á ACT, é se a algún dos remeiros dese club lle fixeron ouriñar na procura de EPO polos valores tan altos que deron.

Ante as novas referidas, na defensa dos intereses da ACT e co fin de que a opinión pública poida coñecer a única veracidade existente sobre certas cuestións, a Xunta Directiva da asociación desexa expor:
- Que tal e como se apunta nas memorias antidopaxe da ACT, os datos hematolóxicos, analizados de xeito individual e colectivo, non amosan alteracións de parámetros nin valores que puideran chegar a resultar indicativos do uso de substancias e métodos de dopaxe prohibidos no deporte.
- Que unha simple observancia do cadro con datos hematolóxicos disociados que figuran nas memorias antidopaxe da ACT (non identificábeis respecto dos clubes aos que pertencen os deportistas), denota que non existen diferenzas nin entre os valores dos doce clubs nin entre deportistas dos distintos clubs asociados, reiterando que se trataría de valores considerados obxectivamente normais e que non denotan nin fan prever o uso de dopantes.
- Que os datos dos valores hematolóxicos das analíticas e controis practicados de forma sorpresiva (sen previo aviso) aos deportistas adscritos á ACT só son coñecidos polo órgao antidopaxe da asociación e polo club ao que pertencen os deportistas. Os datos que se reflicten nas memorias antidopaxe non permiten a un deportista ou club coñecer os valores tirados dos controis ou analíticas efectuadas a outros deportistas ou clubs socios. Tal situación vén dada polo respecto que desde a ACT se fai a todo o relacionado coa protección dos datos persoais e máxime, como é o caso, cando afectan a aspectos relacionados coa saúde.
- Que dende a ACT condenamos calquera pronunciamento ou comentario en relación coa ACT e os seus socios. Tal interese desta asociación vén dado pola mala imaxe que se proxectaría inxustamente para a ACT por comentarios infundados efectuados pola referida persoa, tales como os apuntados nesta nota de prensa.

Voltar