Novas 2010

COMPETICION

06 Set 2010

Resolución Liga Euskotren

Resolución Liga Euskotren

Resolución do Comité de Competición da ACT respecto á impugnación presentada polo equipo de Galiza

Despois da celebración da regata (derradeira xornada puntuábel) da Liga Eusko Tren, celebrada o pasado día 15 de agosto de 2010 en Zarautz, o equipo de Galiza presentou unha impugnación -dentro do prazo estabelecido no Código de Regatas- frente a aliñación do equipo de Gipuzkoa en tal regata. Tal impugnación presentada garda relación co número máximo de deportistas "non residentes" que poden formar parte dun equipo nunha regata.

Conforme ao artigo 15.2º da Normativa da Liga Eusko Tren, poden formar parte da tripulación dun equipo un máximo de tres deportistas "non residentes", entendéndose por "non residente" a deportista que non sexa veciña administrativamente (empadroada) dun municipio do territorio ao que representada na tempada en curso (2010) e na totalidade da anualidade anterior (2009).

Efectuadas as comprobacións oportunas por parte do Comité de Competición da ACT puidose aprezar que o equipo de Gipuzkoa aliñaba catro deportistas "non residentes", polo que incumpría a normativa de competición que resulta de aplicación.

Como consecuencia desta circunstancia, e en aplicación do previsto na regulamentación, por resolución do Comité de Competición da ACT do día 6 de setembro de 2010 procedeuse á descalificación do equipo de Gipuzkoa da regata (derradeira xornada puntuábel) celebrada no día 15 de agosto de 2010 en Zarautz. Desta descalificación, resultaría o seguinte:

- Clasificación da derradeira xornada puntuábel:
1º Galiza, 11:18:03 = 4 puntos
2º Bizkaia, 11:55:07 = 3 puntos
3º Cantabria, 12:01:75 = 2 puntos
Gipuzkoa, descalificada
- Clasificación da Bandeira de Zarautz:
1º Galiza, 23:36:92
2º Bizkaia, 24:36:94
Gipuzkoa, non clasificada
Cantabria, non clasificada
- Clasificación da Liga Eusko Tren 2010:
1º Galiza = 29 puntos
2º Gipuzkoa = 24 puntos
3º Bizkaia = 17 puntos
4º Cantabria = 8 puntos

Conforme o previsto na Normativa de Competición, frente á resolución do Comité de Competición do día 6 de setembro de 2010 pode interporse recurso ante o Árbitro da ACT.

Voltar