Novas 2014

ASOCIACION

18 Mai 2014

Comunicado oficial: Sesión asemblearia universal da socios da ACT

Comunicado oficial: Sesión asemblearia universal da socios da ACT

En relación co expediente disciplinario seguido no seo da ACT, exponse canto segue.

O día 16 de abril de 2014 por decisión da Xuíza de Disciplina da ACT acórdase a continuación do expediente disciplinario en relación cos feitos ligados con unha eventual infración disciplinaria – deportiva no ámbito asociativo polos feitos resultantes da chamada “operación estrobo”. Acordouse a reanudación do expediente disciplinario incoado no ano 2011  O día 7 de maio de 2014 recibíronse na ACT os escritos presentados por D. Josu Zabalondo e o club deportivo Bermeo AE solicitando a recusación da Xuíza de Disciplina que se atopa en coñecemento do expediente disciplinario seguido contra dita persoa e entidade. O día 9 de maio de 2014 enviouse pola Xuíza de Disciplina ao Presidente da ACT unha comunicación expondo que non estea incursa en ningunha das causas de recusación previstas nas disposicións das normativas vixentes. Cómpre lembrar que na sesión da Asemblea Xeral de socios da ACT celebrada o pasado día 21 de marzo de 2014 a actual xuíza de disciplina foi nomeada co voto favorable de 11 socios e a soa abstención dun socio. O día 10 de maio de 2014 recibiuse a providencia da Xuíza de Disciplina na que acorda a suspensión do expediente disciplinario até que sexa resolta a recusación no seo da ACT.

O día 16 de maio de 2014 recibiuse un escrito de Josu Zabalondo dirixido á ACT no que comunica a súa dimisión como Presidente do club Bermeo AE, coa conseguinte desvinculación da súa persoa da Asociación.  Á hora de coñecer e resolver a recusación plantexada, no seo da Xunta Directiva da ACT, xurdiu certa controversia en relación con dita cuestión, en concreto, coa determinación do órgao social que debe coñecela e resolvela en primeira instancia no seo da Asociación. Ante isto, optouse inicialmente por elevar dita cuestión á Asemblea Xeral de socios da ACT para que, como órgao de goberno da Asociación, determine o que entenda oportuno. Os estatutos da Asociación contemplan a posibilidade de celebración de sesións asemblearias de carácter universal cando, por vontade de todos os socios, se deban coñecer e resolver cuestións urxentes. Co fin de poder proseguir o expediente disciplinario suspendido na súa tramitación, considerouse preciso pola Xunta Directiva promover o día 19 de maio de 2014 a las 19.00 horas en Portugalete unha sesión asemblearia de socios da ACT de carácter universal na que resolver a recusación plantexada.

Como restan escasas datas para o comezo da tempada de regatas que conforma a liga 2014, resulta preciso que o expediente disciplinario poida proseguir sen máis dilacións nin interrupcións, tramitándose un expediente iniciado, e aínda non resolto, hai varias tempadas. A tramitación do expediente disciplinario, como sempre mantívose pola ACT e os seus órgaos, e debe realizarse dende o máis absoluto respecto das disposicións normativas vixentes e dos dereitos das persoas ou entidades que resultan afectadas polos feitos enxuizados. 

Voltar