Novas 2020
ESPECIAL
09 Xul 2020
A estrela de CaixaBank navega en Donostia
O sábado terá lugar na Baía da Concha a desputa da VIII Bandeira CaixaBank da Liga Eusko Label e a V Bandeira CaixaBank da Liga Euskotren
Esta fin de semana é a vez da terceira e cuarta xornadas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. No sábado, ambas competicións voltarán á auga coa desputa dunha das bandeiras máis prezadas da tempada. Logo de se desputar en augas cántabras nos últimos anos, a Bandeira CaixaBank regresa este verán a Gipuzkoa, precisamente á Bahía da Concha de San Sebastián.
Un encontro que cumprirá a súa oitava edición na categoría masculina e a quinta da categoría feminina. A xornada do sábado encetará ás 17:40 coa quenda da Liga Euskotren, onde os catro equipos sairán a desputar unha nova bandeira. A seguir, será a vez das traiñeiras da Liga Eusko Label. A composición de quendas farase en base á clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank, polo que na primeira quenda estarán Zarautz Babyauto, Kaiku Vusa, Lekittarra Elecnor e CR Ares. Na segunda quenda remarán, Cabo, Ondarroa Cikautxo, GO fit Hondarribia e Zierbena Bahías de Bizkaia. Por último, na quenda de honra competirán Bermeo Urdaibai Avia, Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Orio Arraunketa Elkartea.
CaixaBank, oito anos a navegar coa ACT
Para CaixaBank, o patrocinio deportivo é unha ferramenta estratéxica de comunicación que difunde valores que a entidade comparte coa prática deportiva, como son o liderado, o esforzo, a superación e o traballo en equipo. Co patrocinio, a entidade financeira fomenta o progreso cultural, social e económico, en sintonía cos seus valores fundacionais de compromiso coa sociedade.
A través da súa rede de oficinas, CaixaBank mantén un vínculo estreito co territorio e desenvolve a vocación de entidade próxima co cliente, que se traduce no patrocinio local como estratexia adecuada para xerar notoriedade no territorio de influencia. Por ese motivo, CaixaBank, na súa Dirección Territorial Norte, está presente en entidades como o Eibar, Alavés, Baskonia, Sporting de Gijón ou Real Oviedo. Mais a estratexia da entidade pasa tamén por apoiar e fomentar o deporte particular do territorio, como é o caso da liga de traiñeiras. E é que son xa oito anos os que suma CaixaBank a navegar canda as mellores traiñeiras do momento e a dar soporte a unha das competicións deportivas máis notorias do estío no Cantábrico e Atlántico. Tamén o fai coa pelota man co patrocinio principal da LEPM, que desputa actualmente o Másters CaixaBank, ou as xornadas bolísticas en Cantabria.
Así, no 2019 CaixaBank patrocinou 17 equipos de fútbol de Primeira División e 13 de Segunda, 47 carreiras populares e apoiou, entre outros, o proxecto Plaza 3x3 CaixaBank.