ORIO ORIALKI

Historia

A década de 1980, marca o inicio da actividade remeira das mulleres en Orio. En 1982 e 1984 hai unha participación testemuñal. Definitivamente é o ano 1986 o que nos indica a participación de mulleres en competicións oficiais, os primeiros campionatos e as primeiras medallas. Todo isto na disciplina olímpica-banco móbil. Daquela até hoxe, de forma ininterrompida, a participación da muller oriotarra nesta disciplina segue a se consolidar, con triunfos e medallas en distintas modalidades e categorías nos Campionatos de Gipuzkoa, Euskadi e España. Baixo a disciplina do club mulleres oriotarras chegaron a participar en Campionatos de Europa e do Mundo. Non podemos esquecernos da pasaitarra Eva Mirones, que no ano 2004, sendo remeira de Orio AE, participou na Olimpiada de Atenas.

A primeira referencia da participación oficial da muller oriotarra en banco fixo situarémola no 1994, cando un batel de mulleres de Orio AE logra o triunfo nas tradicionais regatas de bateis de Loiola-Donostia. No 1999 é cando un batel de mozas xuvenís compite por primeira vez na Liga Gipuzkoana. E no ano 2000, cando se consegue o primeiro Campionato, o de Gipuzkoa en concreto na categoría senior. Nesta modalidade de banco fixo, as mulleres oriotarras lograron títulos nos Campionatos de Gipuzkoa, Euskadi e España. 

A primeira traiñeira femenina de Orio AE participante en competición oficial data do 2010, dende ese ano compiten de forma ininterrompida. E son o 2019 e 2020 os anos con triunfos máis significativos.

E tamén é no ano 2010, cando situamos a primeira participación oficial da traiñeira feminina de Orio. Dende entón até día de hoxe a súa progresión foi lenta mais constante, logrando estaren nos postos punteros estes últimos catro anos. As tempadas 2019 e 2020 foron brillantes, gañaron ambos anos e entre outros triunfos: a Liga Euskotren e a Bandeira da Kontxa nas Regatas de Donostia. 

Malia a situación sanitaria e económica que estamos a atravesar, que teñen dificultado a prestación, este 2021 as remeiras oriotarras afrontan a nova tempada motivadas por competiren no máximo nivel e estaren outra vez na loita polas bandeiras.