Patrocinio
A Liga de Traíñas é unha competición-espectáculo deportiva de alto nivel na que se aglutinan elementos como tradición, modernidade e medio ambiente, destacando conceptos como traballo en equipo, esforzo, sincronismo e destreza.
Desenvólvese nun incomparábel e gran marco xeográfico, cunha poboación aproximada de 6.500.000 habitantes, durante os meses estivais, época na que a ausencia de eventos deportivos garante unha repercusión moi elevada nos medios de comunicación, incluíndo TV, coa retransmisión en directo das regatas.
Son sobradamente coñecidas as vantaxes comerciais do Marketing, Publicidade e Relacións Públicas que o Patrocinio ten respecto á publicidade convencional; sobre todo en relación con importantes conceptos como: credibilidade, diferenciación, imaxe social, estilos de vida, ademais do referente ao custo por impacto e a garantía na emisión e recepción de mensaxes.
Vincular unha marca a unha competición como a Liga de Traíñas proporcionalle unha credibilidade que a Publicidade soa non pode acadar. O patrocinio dá exclusividade á marca; ademais, asociar a súa imaxe á dunha espectacular competición con imaxes desexábeis, sen dúbida xera unha vinculación positiva na mente dos seus clientes actuais e potenciais, clientes que demandan de maneira crecente a implicación das empresas en asuntos con responsabilidade e vinculación co contorno e a sociedade. Un contorno natural, como é o litoral da costa cántabro-atlántica, resulta moi favorábel para se comunicar eficazmente con eles.
En resumo, a Eusko Label Liga representa unha excelente e rendíbel plataforma de Marketing que permite entre outros:
- A integración da súa marca a escala dunha poboación numerosa.
- Unir a súa marca á competición, tanto en chave de repercusión como en chave de valores, conseguindo remarcar a súa posición no mercado remarcar su posición en el mercado.
- Garantir rendibelmente unha presenza moi notoria nun importante número de medios de comunicación e en diferentes soportes publicitarios.
BENEFÍCIO FISCAL
Xunto á información que incluímos no dossier, comunícolles que, de conformidade coa Norma Foral 3/2004 de 7 de abril, os importes destinados por empresas con domicilio fiscal en Guipúscoa ou Biscaia a mecenado ou patrocinio gozan dun aforro fiscal equivalente ao 46 % dos mesmos, xa que ademais de ser deducíbeis nun 100% como gasto teñen un 18% de desgravación fiscal. Exemplo:
Concepto do patrocinio | Importe | Aforro fiscal |
---|---|---|
Exempro Patrocinio | 100.000 | 46.000 |
DEPARTAMENTO DE PATROCINIOS
943.49.34.07