BERMEO URDAIBAI

Historia

Patrocinadores do club
  • Echebastar Alacrana
  • Enagas
  • BTWC
  • Campos
  • BARNA
  • ZUNIBAL
  • BILBOTRUCK
  • URBELAN
  • Bermeoko Udala
  • Bizkaialde
  • CIA Europea de Tunidos
  • Trameinsa
  • Bizkaiako Foru Aldundia
  • Impesca
  • KUKLA
  • Nautical
  • ACORDA
  • Satlink
  • ARTZA JATETXEA
  • ARROYABE
  • ACTUAL NUTRICION
  • SEGUROS BILBAO
  • REDES SALINAS
  • indupime

Urdaibai Arraun é un club de remo cuxa finalidade é a potenciación do remo na zona de Urdaibai. Co fin de lograr unha tripulación de traíña que fora competitiva cos que tradicionalmente foron destacados neste deporte, reuníronse os clubes de remo de Elantxobe, Mundaka e Bermeo, sendo estes clubs os membros fundadores e actuais compoñentes de Urdaibai Arraun.

A Sociedade fundouse no ano 1992 mais foi no 1999 cando comezou a competir en probas de banco fixo, sendo dende entón a súa traxectoria deportiva altamente exitosa. Dende que Urdaibai desembarcara na máxima competición, que coincidiu con o arranque da Liga, seempre estivo pelexando polas grandes cotas e é un dos tres equipos que sempre permaneceu na Asociación. Pero ademais de todo isto, os da ‘Bou Bizkaia’ a día de hoxe son o equipo con máis bandeiras no seu haber, un total de 42 bandeiras e adxudicándose catro veces a Coroa no 2044, 2007, 2008 e 2011. Sendo o único club que, até hoxe, conseguiu o póker de vitorias. 

No 2015 o club bermeotarra foi a segunda tripulación con maior número de bandeiras obtidas, despois da 'Ama Guadalupekoa' que se mostrou intratábel durante toda a tempada. Porén, lograron rematar en segunda posición a clasificación da Liga San Miguel e consiguiu proclamarse campión da regata de 'La Concha'.

A dupla Liga San Miguel - Concha e nove vitorias foi o resultado dunha grande tempada 2016 de Urdaibai na que os de Bermeo tiveron unha traxectoria ascendente.

Na tempada do 2017 proclamáronse campións da Eusko Label Liga por sexta vez. Foi de novo un ano memorábel para o club de Bermeo.

No 2018, por terceiro ano consecutivo conseguen a Coroa CaixaBank, ficando para si, en propiedade. 

No 2019, con varias mudanzas no plantel, o equipo non consegue entrar na Quenda de Honra ficando na quinta posición da Liga Eusko Label, con unha vitoria. No 2020, logo dun inicio non agardado, o equipo consegue mudar de rumbo, e con dúas vitorias, coáronse na Quenda de Honra. No 2021, coa ilusión posta na tempada, e malia conseguiren a vitoria na segunda xornada da Bandeira Cidade A Coruña, o equipo non consegue loitar por entrar na Quenda de Honor, ficando na sexta posición da Liga Eusko Label.

En la temporada 2022, tras un inicio irregular, la Bou Bizkaia fue a más. Tras llegar al liderato a media temporada, Bermeo Urdaibai alcanzó el record de puntos en una misma temporada con 218 puntos, consiguiendo así su octava Corona CaixaBank.