CAMARGO

Historia

Patrocinadores do club
  • CANTABRIA INFINITA
  • FUNDACION DEPORTIVO CULTURAL CAMARGO

Cómpre remontarse a 1919 para atoparmos a participación en regatas de traíñas dunha embarcación camarguesa: Las Presas, barrio pertencente á vila de Herrera de Camargo, bañada pola baía de Santander naquela época.
Despois de moitos anos ausentes da competición, en 1979 fúndase o Club de Remo Valle de Camargo. En 1984 cunha embarcación de segunda man mercada a Portugalete, Camargo debuta en traíñas. No ano 2006 fúndase a ARC e Camargo forma parte da asociación como socio fundador até o ano 2010, que por méritos deportivos ascende á ACT para competir na Liga San Miguel. Foron varios os títulos rexionais e nacionais obtidos, pero se algo cómpre destacar de Camargo, é o seu labor de canteira e a continuidade na competición.