ZUMAIA

Historia

Patrocinadores do club
  • Gipuzkoa
  • Salegi
  • Zumaiko Udala
  • Mardu
  • Noviadet
  • Seguros Bilbao
  • Zelai
  • Elkor
  • Gesolaga
  • Croqueta y presumida

A actual Zumaiako Telmo Deun Elkartea, nace no 1975 da man de Aita Mari Arraun elkartea. O noso club é o único que tras dun longo percorrido de 40 anos de historia, nunca fallou e permaneceu activo todos estes anos. Este feito énchenos de orgullo, incluso máis que todas as bandeiras que se conseguiron, xa que é reflexo dun club sólido e con unha capacidade de traballo sen igual. No 1975, o 5 de agosto crease o club Aita Mari Arraun Elkartea, club de orixe de Zumaiako Telmo Deun A.K.E.

1978: O club bótase ao mar por primeira vez con unha embarcación, a "Telmo Deun", e desde aquela, foi o único club do cantábrico que mantivo durante todos os anos a traiñeira na auga.

1981: Gáñase a primeira Bandeira: Villa de Bilbao.

1984: Primeira Bandeira da Concha, aos mandos de Claudio Etxeberria "Gorria". Un ano espectacular no que Zumaia conseguiu un fito aínda sen superar, gañando todas as  regatas  nas  que  participou:  traiñeira,  traiñeiriñas, bateis...  En total, Zumaia adxudicouse 30 bandeiras. Cómpre lembrar as marcas conseguidas ese ano por Zumaia. Nunha delas, en 24 horas, a tripulación venceu en tres regatas e levou dúas bandeiras. Gañaron nas dúas xornadas da Ikurriña de Zarautz, e tamén venceron en Portugalete. En outra ocasión, levaron dúas bandeiras no mesmo día: ao mediodía, na Coruña, o Trofeo Teresa Herrera, e pola tarde, en Castropol, batendo a marca do campo de regata.

1987: Segunda bandeira da Concha, patroneados por Edu Aristi.

2005: Gañaron 10 bandeiras en total, dúas delas o mesmo día en Pasaia con dúas embarcacións distintas. Gañou a Liga Vasca e ascendeu á ACT, categoría raíña do banco fixo.

2009: Crease a Liga Feminina de Traíñas, liga na que Zumaia participa desde a súa creación.

2012: A embarcación feminina de Zumaia érguese como gañadora da Liga Euskotren e Liga Guipuzcoana tras gañar 8 bandeiras.

2013: A embarcación feminina de Zumaia faise con 15 bandeiras e volta gañar a Liga Euskotren, a Liga Guipuzcoana, os Campionatos de Gipuzkoa e Euskadi, e por primeira vez conquista a Bandeira da Concha Feminina, primeiro club vasco en conseguilo e o primeiro club que conta nas súas vitrinas con esta bandeira en ambas categorías, feminina e masculina. Pola súa  banda a traiñeira masculina perde a categoría na ACT e tras 8 anos na elite volta á categoría de prata do remo, a Liga ARC.

2014: A embarcación masculina gaña 4 bandeiras, fica en segunda posición na Liga ARC e desputa o play-off de ascenso á ACT. A tripulación feminina gaña dúas bandeiras, fica segunda na Liga Guipuzcoana, terceira na Liga Euskotren e segunda na Bandeira da Concha gañando a regata da segunda xornada.

2015: A embarcación masculina gaña 4 bandeiras, fica en segunda posición na Liga ARC e vence con autoridade no playoff de ascenso á ACT voltando á elite do banco fixo. A tripulación feminina gaña 17 bandeiras, entre elas os campionatos de Euskadi en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras, o campionato de España de bateis, etc. Fica campioa da Liga Guipuzcoana de traiñeiras, segunda na Liga Euskotren e terceira na Bandeira da Concha.