Política de privacidade

Na ACT (Asociación clubs de traíñas) somos conscientes do valor que ten para vostede a súa privacidade. Por iso, só requerimos algún dato persoal -como o seu nome ou o seu e-mail- cando é estrictamente necesario para facilitarlle a información, produtos ou servizos que nos solicita ou para pórnos en contacto con vostede. En tal caso, comunicaremoslle que imos gardar eses datos e a finalidade de esa recollida antes de que vostede nolos envíe.

Non ten obriga de nos proporcionar todos os datos que lle solicitamos; só os estrictamente imprescindíbeis para poder proporcionarlle o que desexa ou pórmonos en contacto con vostede. Indicarémosllo cun asterisco (*), e en ningún caso o feito de que non proporcione os datos non obrigatorios suporá que vostede vaia recibir un servizo de menor calidade.

Os datos persoais que nos facilite serán almacenados nun ou varios ficheiros que nos van permitir un tratamento automatizado dos mesmos e, portanto, unha maior axilidade á hora de lle prestar os nosos servizos. En función do tipo de datos que conteñen, os ficheiros están rexistrados co seu nivel de protección correspondente na Axencia de Protección de Datos.

Se vostede nos proporcionou datos persoais nalgún momento, pode exercer cando desexe os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación previstos na Lei de Protección de Datos, escribíndonos un e-mail a info@ligaact.com

TELF.: 943 39 20 22 - FAX: 943 39 20 22

Se para lle proporcionar a información, produtos ou servizos que vostede nos requira tiveramos que recorrer a outras empresas (Correos ou unha empresa de mensaxería ou transportes, por exemplo), só se lles proporcionará a información estrictamente imprescindíbel para que realicen o seu cometido e prohíbeselles utilizar esa información para ningunha outra finalidade.

Para que o sitio web funcione optimamente, ás veces é preciso obter diversa información do ordenador que accede a ela ou identificalo. Por exemplo, para poder contabilizar as visitas que recibe o sitio, para saber qué tipo de navegador utiliza cada usuario ou para evitar que o usuario teña que seleccionar o idioma no que desexa que se lle amose a web cada vez que accede a ela. En ningún caso esa identificación nos proporciona información persoal sobre vostede nin nos permite coñecer o contido do seu ordenador.

Para a identificación mencionada, habitualmente utilízanse uns ficheiros de texto chamados "cookies" que se almacenan temporalmente no seu ordenador. Son absolutamente inocuos e teñen un tamaño moi pequeno. O sitio web consulta as "cookies" automaticamente cando vostede accede a el, e grazas a isto pode amosarlle o contido no idioma que seleccionou anteriormente, ofrecerlle contidos específicos en función de eleccións anteriores, permitirlle o acceso a zonas reservadas ou almacenar os produtos que vostede seleccionou en caso de que exista un sistema de compra con "carriño" ou "cesta", entre outras moitas funcións posíbeis.
Vostede pode configurar o seu navegador de Internet para que non acepte cookies, pero nese caso é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades que lle ofrece o sitio web.

É posíbel que nalgún momento teñamos que realizar mudanzas na nosa Política de Privacidade para adaptala ás leis vixentes en cada momento. Por isto, recomendámoslle que acceda a esta páxina cada vez que nos vaia remitir datos persoais.