Novas

ESPECIAL

27 Set 2019

O que di a prensa?

O que di a prensa?

Repasamos a actualidade do mercado coa información recompilada entre os distintos medios de comunicación

 Alerta: Entre outros movementos, os remeiros cántabros Mario Hernando e Carlos Palazuelos recalarán na vindeira tempada en Zierbena Bahías de Bizkaia. Iker Gimeno, patrón de Deusto Bilbao, voltará para a Eusko Label Liga ao mando da ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia, e Adrián González reforzará a ‘Sotera’ de Santurtzi.

Novas de Gipuzkoa: Logo de dúas tempadas nas que conseguiu o título da Liga ETE e o ascenso á Liga Euskotren na primeira e a permanencia na elite do remo feminino na segunda, Iñaki Mendizabal non seguirá á frente da traiñeira feminina de Donostiarra.

Deia: Iker Gimeno será o patrón da ‘Bou Bizkaia’ na Eusko Label Liga de 2020 despois da baixa de Lur Uribarren. Vestirán de azul tamén Unai Billakorta, de San Pedro, Asier Bermejo, de Zierbena Bahías de Bizkaia; e Igor Francés, de Ondarroa Cikautxo. Pola súa banda, Santurtzi Iberdrola contará coas fichaxes de Iker Pascual e Adrián González, e continúa á procura da contratación dun patrón de “alto nivel”. Pola contra, o vindeiro ano non seguirá na ‘Sotera’ Efrén Sánchez, que pon rumbo a Zierbena. Tamén cómpre salientar que Iker Zabala “perderá protagonismo á hora de remar” e hai moitas posibilidades de que apenas exerza como adestrador.

Voltar