ACT TV 2019

ESPECIAL

11 Set 2019

Dúas plazas para cinco equipos

Dúas plazas para cinco equipos

CR Ares, Deusto Bilbao, San Pedro, SD Tirán e Zarautz Babyauto competirán nesta fin de semana por conseguiren os dous billetes que lles permitan competir na vindeira tempada da Eusko Label Liga

A Eusko Label Liga achégase á derradeira fin de semana e os clubs que estiveron a loitar durante toda a tempada por unha praza no playoff uniranse sábado e domingo aos 8 mellores clasificados desta tempada, que desputarán as dúas últimas xornadas da pugna pola Coroa CaixaBank.

Cinco clubs participarán este ano en Bermeo e Portugalete para conseguiren as dúas plazas que dan dereito a remar a vindeira tempada na máxima categoría do remo: CR Ares, Deusto Bilbao, SD Tirán e Zarautz Babyauto únense a San Pedro, décimo primeiro clasificado da Eusko Label Liga.

Voltar