Novas

ENTREVISTAS

12 Xu˜ 2019

"O noso obxectivo é gañarmos canto poidamos"

"O noso obxectivo é gañarmos canto poidamos"

Joseba Fernández, adestrador de Urdaibai Avia, achéganos a súa visión sobre a nova tempada da Liga Eusko Label

Urdaibai Avia conseguiu erguer a coroa CaixaBank nos tres últimos anos, e o reto de lle tirar o maillote de líder á "Bou Bizkaia" antóllase difícil xa que dende agosto do 2016, hai algo máis de dúas tempadas, ninguén foi quen de lles tirar o liderado da Eusko Label Liga. Outro ano máis o equipo bermeotarra, baixo o liderado de Joseba Fernández por terceiro ano consecutivo, será o principal candidato para revalidar o título por oitava vez.

Porén, o adestrador de Urdaibai Avia recoñece que con respecto ao ano pasado sufriu baixas sensíbeis, malia a integración de 5 novos remeiros á traiñeira "Bou Bizkaia". Fernández sinala que a base do equipo mantívose e pensa que van poder sacar un bo rendemento ao plantel.

En canto ao obxectivo, o adestrador pasaitarra teno claro: “Gañarmos canto poidamos", e cren que poden estar á altura do que lles van esixir. Porén, Fernández é prudente co lugar que ocuparán os seus este verán, xa que "cada vez hai máis equipos na pelexa pola Eusko Label Liga". O preparador de Urdaibai Avia, prevé que será unha tempada competitiva.

Voltar