Novas 2019

ESPECIAL

06 Xu˜ 2019

O Kursaal levanta o telón da tempada

O Kursaal levanta o telón da tempada

A Gala de Presentación da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren celebrarase este sábado e poderá seguirse en streaming no Facebook

Este sábado, 8 de xuño, a partir das 19.30 horas, o Palacio de Congresos Kursaal de San Sebastián acollerá a Gala da Eusko Label Liga 2018, na que se porá de novo en xogo a Coroa CaixaBank. Sandra Sabatés, copresentadora de El Intermedio, e Joxe Felipe Auzmendi, voz da Eusko Label Liga, serán os mestres de cerimonia do encontro. Como vén sendo habitual nos últimos anos, a gala retransmitirase na íntegra a través da páxina oficial de Facebook da Eusko Label Liga.

Sete serán os recoñecementos que se entregarán durante a Gala deste sábado na capital guipuscoana a premiaren os méritos colleitados na tempada 2018: Remo á Traiñeira máis Rápida, Remo ao Mérito Deportivo, Remo ao Mellor Adestrador, Remo ao Mellor Patrón, Remo de Ouro, Remo Honorífico e Remo da Afección. Á marxe desta serie de recoñecementos, tamén se celebrará o protocolario acto de entrega das réplicas dos trofeos orixinais a Urdaibai Avia e a San Juan Iberdrola na súa condición de vixentes campións da Coroa CaixaBank e do Trofeo Euskotren.

Logo de dar por rematada a tempada pasada procederase a presentar unha nova tempada da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren que prevé dar o mellor espectáculo un verán máis. Unha vez rematada a Gala, os asistentes poderán gozar dun aperitivo cos mellores produtos de Eusko Label e cervexas San Miguel na terraza do Kursaal.

Voltar