Novas 2019

ENTREVISTAS

04 Abr 2019

"O obxectivo principal é manterse na liga"

"O obxectivo principal é manterse na liga"

Mikel Arostegi, afronta unha nova tempada ao mando de San Pedro con ilusión e moita vontade de traballar

A menos de tres meses para encetar unha nova tempada da competición de traiñeiras por excelencia, os clubs da Eusko Label Liga comezan a pór as súas cartas sobre a mesa e a demostraren do que son quen de facer na loita pola Coroa CaixaBank.

Un dos clubs que voltará este verán vogar na máxima categoría do remo é San Pedro, que o 22 de xuño en Bilbao dará comezo á súa 13ª tempada consecutiva na Eusko Label Liga. Un equipo histórico ao que outro ano máis tócalle reinventarse para seguir a facer parte da elite do remo do cantábrico.

Mikel Arostegi volta porse de novo á frente do equipo morado para seguiren dando guerra nesta liga. Unha Eusko Label Liga 2019 na que o máximo obxectivo dos pasaitarras será manteren a categoría para non perderen o seu estatus de club ACT. En palabras do preparador oriotarra, todo o que veña despois de obtermos a salvación “será benvido”.

Arostegi afronta a tempada cun equipo practicamente novo, logo das máis de dez baixas con respecto ao plantel da tempada pasada e outras tantas incorporacións.

Voltar