Novas 2019

ESPECIAL

27 Feb 2019

A Liga Euskotren ponlle ritmo á playlist de febreiro

A Liga Euskotren ponlle ritmo á playlist de febreiro

Usue Molina, remeira de GU Arraun Lagunak, é a encargada de elaborar a listaxe deste mes

Xa lle collemos a marcha a este 2019 e hoxe traémosvos a segunda playlist do ano. Pero esta non é outra listaxe máis, xa que por primeira vez, unha remeira da Liga Euskotren foi a encargada de elaborala. Usue Molina, remeira de GU Arraun Lagunak confeccionou unha recompilación de cancións moi variopinta, cunha mestura de varios estilos musicais.

O rock é un dos estilos predominantes na listaxe con cancións como "Si te vas" de Extremoduro, "Corazón de Mimbre" de Marea, "Otherside" de Red Hot Clilli Peppers ou "Boulevard of Broken Dreams" de Green Day.

Tamén podemos atopar cancións de ritmos alegres como "Lo mal que estoy y lo poco que me quejo" de El Kanka, "Samba de Janeiro" de Bellini ou "Yo quiero bailar" de Sonia y Selena.

Dalle ao play e goza da selección musical de Usue Molina!

Voltar