Novas

ESPECIAL

16 Dec 2018

A ACT racha o desempate

A ACT racha o desempate

A embarcación da ACT volta imporse na regata frente á Prensa

Un ano máis os xornalistas que habitualmente cubren a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren desafiaron a ACT nunha regata que este ano se celebrou en augas de Orio. Unha preciosa xornada na que as tripulacións se puxeron na pel dos protagonistas do verán e experimentaron durante uns minutos o que sinten os nosos remeiros e remeiras. Así, unha vez no mar as dúas embarcacións de Orio Babyauto da Arraunetxe, quen foi anfitrión da xornada, dirixíronse cara a ponte da localidade oriotarra onde se deu a saída. 

Nas primeiras padas ningunha das dúas embarcacións puido destacarse claramente sobre a outra, aínda que a embarcación da Prensa tentou nos primeiros compases amosar a proa, no foi até ben entrada a metade da regata cando a ACT conseguiu abrir oco. Cómpre sinalar que a embarcación da Prensa chegaba lastrada e con baixas importantes con respecto ao último encontro e, por tercer ano, non foi quen de lle facer fronte a unha embarcación de ACT que non perdeu a fé en ningún momento do percorrido. Deste xeito, os da ACT lograron parar o crono en 6'20"87, cunha vantaxe de máis de 10" sobre a embarcación da ACT. 

A xornada concluíu cun pequeno xantar organizado por Orio Babyauto na propia Arraunetxe, momento no que o presidente da ACT e remeiro no día de hoxe, Borja Rodrigo, aproveitou para desexar a todos os presentes un Bo Nadal e bo comezo de 2019.

Tempos 

1- ACT: 1'34" | 3'08" | 5'02"|  6'20"87

2- Prentsa: 1'38" | 3'18" | 5'05"|  6'30"71 (+10"84)

Voltar