Novas

ESPECIAL

29 Nov 2018

A imprimir ritmo a novembro!

A imprimir ritmo a novembro!

Gorka Aranberri prepáranos unha selección musical na que conviven clásicos do rock cos hits internacionais máis actuais

Arrancamos o penúltimo mes e para isto temos a un dos patróns máis laureados da Eusko Label Liga, Gorka Aranberri, encargado de dirixir a popa de Orio Babyauto. E traenos unha selección cargada de clásicos como Queen, REM, Red Hot Chili Peppers, Michael Jackson, Aerosmith ou AC/DC. Aínda que tamén ten espazo para a música máis actual como é o caso de Swedish House Mafia, David Guetta, Rihanna ou Linkin Park. 

Por suposto, ten un peso importante a música euskalduna, cun dos seus grandes referentes como é Berri Txarrak e incluíndo tamén outros grupos recoñecidos como Sorotan Bele, Kuraia ou Akelarre. 

Dalle ao play e non perdas a playlist de Gorka Aranberri!

 

Voltar