Novas

ESPECIAL

11 Out 2018

Xa está aquí 'Lo que Lojo no ve'!

Xa está aquí 'Lo que Lojo no ve'!

Un ano máis a cámara de ACT TV foi testemuña dos momentos máis graciosos da tempada

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren crearon unha grande expectación este verán co espectáculo dado polos clubs na auga, con regatas de moi alto nivel, onde a vitoria se decantou en favor dun ou doutro por  apenas unhas poucas centésimas.

Unha vez afastada a tensión da competición chegou o momento de botar unha ollada a todo o que non se viu durante o verán,  cousas que apenas a cámara da ACT TV viu e que vai compartir hoxe con todos vós.  Voltamos revisar as moitas horas de grabación que acumulamos durante os últimos cinco meses, e atopamos auténticas perlas, momentos dignos de aparecer entre as nosas tomas falsas.

Non se libra ninguén, todos están baixo a atenta ollada do noso visor. Aínda que penses que ninguén está a ver, ten en conta que pode que esteamos a grabar. Gozade agora do vídeo máis simpático da tempada! Con todos vós, 'Lo que Lojo no ve' 2018! 

Voltar