Novas 2018

ESPECIAL

10 Ago 2018

Ondarroa y Hondarribia, para retomar a competicion

Ondarroa y Hondarribia, para retomar a competicion

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren voltan coller o pulso á competición en augas biscainas e guipuscoanas

Rematou o paro e volta á auga a máxima competición de traiñeiras. Ondarroa recibirá este sábado a partir das 18:00 horas á Eusko Label Liga para pór en xogo a Ondarroako XXXIV. Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e no caso da Liga Euskotren trátase da primeira edición desta bandeira. O domingo será a vez de Hondarribia onde se desputará a Hondarribiko XXXI. Bandera - Mapfre Sari Nagusia na Eusko Label Liga, e tamén será a primeira edición na que se poña en xogo esta bandeira para a Liga Euskotren. 

Deste xeito, a Eusko Label Liga chegará a Ondarroa por segunda vez cunha regata en formato de liña con 2 longos e 1 ceavoga no caso das traiñeiras femininas e de 4 longos e 3 ceavogas no caso das embarcacións masculinas, estas últimas divididas en 3 quendas en función da clasificación xeral. As balizas interiores estarán colocadas a carón do espigón da rúa Egidazu Kaia e a Fan Zone da Liga Eusko Label, para vivir a regata ao mellor xeito, estará na Praza Itsasaurre. O ano pasado a vitoria foi para Urdaibai Avia e o récord do campo de regatas está en mans de Getaria cun tempo de 19'17"79.

Domingo das 11:45 horas en diante, Hondarribia voltará recibir á máxima competición do remo, que non faltou ao seu encontro nos quince anos de existencia que ten a ACT. O formato da regata será tamén o clásico, cubrindo as mozas 1,5 millas en 2 longos e unha ceavoga, e os mozos 3 millas en 4 longos e 3 ceavogas. Estes últimos farano de novo en 3 quendas, mais a orde de saída virá determinado pola regata do día anterior en Ondarroa. As balizas interiores estarán colocadas a carón do espigón e a Fan Zone da Liga Eusko Label situarase ao pé da praia hondarribitarra. A Bou Bizkaia é a traiñeira que copa o palmarés da Hondarribiko Bandera - Mapfre Sari Nagusia, téndose imposto en 6 ocasións dende a primeira vez no ano 2006. Tamén levou a do ano pasado e ten de seu o récord do campo de regatas, realizado no ano 2008 cun tempo de 19'21"81. 

Os de Bermeo chegan como líderes logo de se imporen en Santurtzi na última bandeira antes do paro. Con 124 puntos, os 'txo' levan unha vantaxe de 9 sobre GO fit Hondarribia e de 14 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia, que son os seus inmediatos perseguidores. No caso da Liga Euskotren, San Juan Iberdrola pode proclamarse campioa mañá mesmo se consegue unha vantaxe de 2 puntos sobre Orio Babyauto na regata de Ondarroa. Se non se dese o caso sábado, bastaríalle con sumaren un punto máis que as amarelas nunha regata e non ficaren descalificada na outra para levaren o trofeo que as acredita como campioas da Liga Euskotren.

Polo tanto, moito en xogo nesta fin de semana. O que pasará?

Voltar