Novas 2018
ESPECIAL
09 Ago 2018
A Eusko Label Liga de volta en Ondarroa
A máxima competición do remo regresa logo do paro na Liga
Sábado das 18:00 horas en diante celebrarase a XXXIV Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia en augas da localidade biscaína de Ondarroa. Logo da semana de descanso na Liga, as embarcacións da Eusko Label Liga voltarán vogaren á procura da Coroa CaixaBank.
Trátase da segunda vez que a máxima competición do remo chega a Ondarroa tras da edición do ano pasado, nunha regata organizada pola ACT e o club Ondarroa Cikautxo co Concello de Ondarroa e Cikautxo como patrocinadores. Unha regata que se desputará no formato clásico de liña, con dous longos e unha ceavoga na modalidade feminina e catro longos e tres ceavogas na modalidade masculina. A regata do ano pasado levouna Urdaibai Avia e o mellor rexistro teno Getaria, que no ano 2007 parou o crono nun tempo de 19'17"79.
A orde de saída será inversa á clasificación xeral, quere dicir, na primeira remarán Tirán Pereira, San Juan Sumelec, Kaiku Producha e San Pedro. Na segunda farano Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola. E despois Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia.
Na presentación que tivo lugar esta mañá estiveron presentes: Zunbeltz Bedialauneta, Alcalde de Ondarroa, Unai Barrenetxea concelleiro de deportes, Visit Beiro concelleiro de igualdade, Gotzon Juaristi Presidente de Cikautxo e Gorka Elordi Presidente de Ondarroa Cikautxo