Novas

ESPECIAL

21 Xul 2018

Formación e concienciación

Formación e concienciación

Juan José Badiola foi o encargado de dirixir a segunda das charlas dirixidas para os socios da ACT na loita contra a dopaxe

Auditorio Juanba Berasategi de San Juan foi testemuña esta mañá da segunda xornada formativa na loita contra a dopaxe que a ACT realiza entre os médicos, adestradores e remeiros dos clubs socios. Igual que se fixo na Coruña hai 15 días, o obxectivo destas xornadas é concienciar e formar os protagonistas desta competición na batalla contra a dopaxe.

O acto estivo dirixido por Juan José Badiola, responsábel do órgao antidopaxe da ACT, que aproveitou para dar un repaso á normativa e explicar os dereitos e deberes do deportista. Logo desta exposición cedeu a palabra aos alí presentes co fin de xerar un debate e ir resolvendo as diferentes dúbidas.

Voltar