Novas 2018

ASOCIACION

27 Xan 2018

Santurtzi Iberdrola e Donostiarra, novos socios

Santurtzi Iberdrola e Donostiarra, novos socios

A Asemblea da ACT recibe os seus dous novos membros e aproba a entrada na Xunta Directiva de Igon Lertxundi e Txema Vizcaíno

Esta mañá Oiartzun acolleu a primeira Asemblea da ACT deste ano 2018 onde se trataron diferentes puntos coa ollada posta xa na próxima Eusko Label Liga. Entre os puntos máis salientábeis, cómpre destacar dous. O primeiro foi a despedida como socios de Ares e Astillero, que no pasado verán certificaron o seu descenso ao remate da campaña. Esta saída, porén, trae consigo a entrada de dous novos socios que estrean na ACT, como son Santurtzi Iberdrola e Donostiarra, que ocuparon os dous primeiros postos do playoff. 

O outro punto salientábel é a dobre mudanza na Xunta Directiva que preside Borja Rodrigo. Despois desta primeira campaña, Eli Carral, presidenta de Astillero, que viña exercendo de vogal até hoxe, e Josetxo Aranburu, ex presidente de San Pedro e tesoureiro da Asociación, deixarán de formar parte da Xunta Directiva. Estas vacantes serán ocupadas por Txema Vizcaíno, ex presidente de Santurtzi Iberdrola, e Igon Lertxundi, ex presidente de Orio Babyauto, quie se ocuparán dos labores de vogal e tesouesiro respectivamente.

Voltar