Novas 2017

COMPETICION

12 Ago 2017

Urdaibai Avia confirma o seu bo estado de forma

Urdaibai Avia confirma o seu bo estado de forma

A ‘Bou Bizkaia’ leva a Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre tras unha grande loita coa traiñeira local

Tras a vitoria conseguida por Urdaibai Avia no fin de semana pasado no Campionato de España, os ‘txo’ confirmaron o seu bo estado de forma vencendo na Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre con un tempo de 19’48”70. Deste xeito, os de Bermeo aumentan a súa vantaxe na clasificación xeral da Eusko Label Liga até os catro puntos frente Hondarribia. Pola súa banda, Ioseba Amunarriz mantén o liderado no trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón con 15 puntos.

A quenda de honra desta Hondarribiko XXX. Bandera deixounos unha bonita loita entre os dous primeiros clasificados da Eusko Label Liga. Ao final, a vitoria foi para Urdaibai Avia con un rexistro de 19’48”70, con 1”64 de vantaxe sobre a ‘Ama Guadalupekoa’. Orio Babyauto, con 20’01”50 foi terceiro e Kaiku ocupou a cuarta praza con 20’02”04.

Zierbena Bahías de Bizkaia fixo unha grande regata na segunda quenda, o que lle valeu a quinta praza con un tempo final de 20’05”62. San Juan Sumelec foi sexto, con un rexistro de 20’13”30, mentres que Tirán Pereira foi sétimo con 20’19”14. Ondarroa Cikautxo pechou esta segunda quenda a 34”60 da ‘Bou Bizkaia’ o que lle deu a oitava praza.

Cabo foi de menos a máis no día de hoxe para rematar gañando a primeira quenda con 20’25”96 e conseguindo a novena posición na regata. San Pedro e Astillero foron décimos e onceavos respectivamente, con 20’30”40 e 20’33”60. Ares non tivo a súa mellor tarde hoxe e clasificouse en última posición, a 1’07”26 dos vencedores.

Ondarroa estréase mañá

Mañá, a Eusko Label Liga chegará por primeira vez a Ondarroa para desputar a XXXIII. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia a partir das 12.00 horas, na que será a doceava xornada da loita pola Coroa CaixaBank.

Voltar