Novas 2017

ESPECIAL

11 Ago 2017

O prognóstico de 'Txalo' Carrión

O prognóstico de 'Txalo' Carrión

Gonzalo Carrión, veterano remeiro da ‘Ama Guadalupekoa’, fai o prognóstico desta semana

Despois do parón da semana pasada, a máxima categoría do remo volta ao escenario. Ao igual que a competición, a sección ‘O Prognóstico’ vén con forzas renovadas. Nesta sexta entrega, o protagonista é Gonzalo Carrión, remeiro de Hondarribia.

O remeiro da 'Ama Guadalupekoa', da man de San Miguel, Main Sponsor da Eusko Label Liga, tivo a oportunidade de facer o prognóstico de dúas das regatas que se desputarán esta fin de semana na súa localidade, Hondarribia. Daquela, Carrión fixo a súa propia clasificación da xornada do sábado da Eusko Label Liga, onde estará en xogo a Hondarribiko XXX. Bandera – GP Mapfre; e máis a da xornada do domingo da ARC 1, onde se desputará a XI. Hondarribiko Arrantzaleen Kofradiako Bandera – XII. Regata Promoción de Hondarribia.

Cantos acertos conseguirá Gonzalo?

Voltar