Novas 2017

COMPETICION

23 Xul 2017

Hondarribia domina en Pasaia

Hondarribia domina en Pasaia Hondarribia domina en Pasaia

A ‘Ama Guadalupekoa’ vence na Bandeira Adegi e San Juan Iberdrola na Bandeira Deputación

Hondarribia levou a Bandeira Adegi desputada este mediodía na Baía de Pasaia con un rexistro de 19’49”10. Pola súa banda, Urdaibai Avia, con un segundo posto hoxe, continúa no liderado da Eusko Label Liga. Tras as dúas xornadas desta fin de semana, Ioseba Amunarriz mantén o primeiro posto na clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón con 5 puntos de vantaxe sobre Iker Gimeno, patrón de Kaiku Producha.

Hondarriba dominou do comezo ao fin a quenda de honra desta Bandeira Adegi na que marcou un tempo final de 19’49”10, un rexistro 6”56 mellor que o de Urdaibai Avia, que se situou no segundo posto. Orio Babyauto, foi cuarto o día de hoxe con 20’03”12, e Kaiku Producha rematou quinto a 25”86 da ‘Ama Guadalupekoa’.

Zierbena Bahías de Bizkaia, tras unha grande regata, gañou a segunda quenda e obtivo a terceira posición na clasificación final con un tempo de 20’02”96. Cabo foi sétimo con 20’18”62 e San Juan Sumelec foi oitavo con 20’21”44. Tirán Pereira pechou a quenda conseguindo a onceava posición, a 46”02 do mellor tempo.

Ondarroa Cikautxo e San Pedro protagonizaron unha bonita pugna pola vitoria na primeira quenda do día de hoxe, na que a ‘Antiguako Ama’ saiu gañadora, con un tempo de 20’15”10, o que lle valeu a sexta posición. Pola súa banda, a ‘Libia’ rematou en oitava posición con un rexistro de 20’19”10. Ares foi décimo con 20’28”34 e Astillero pechou a regata de hoxe a 52” de Hondarribia.

San Juan Iberdrola na casa

A vitoria na Bandeira Deputación foi para a traiñeira da casa, San Juan Iberdrola. A traiñeira da casa saiu vitoriosa nunha dura loita mantida con Hibaiak Jamones Ancín, con un tempo de 10’49”04. Inmediatamente detrás, a 0”26 entrou o equipo errenteriarra. Orio Babyauto foi terceiro con 11’10”56 e Arraun Lagunak Donostia pechou a clasificación a 27”54 das ‘Batelerak’.

Getxo e Zierbena marcan o ecuador

A Eusko Label Liga chegará ao ecuador da súa tempada a fin de semana que vén, onde se desputarán a novena e décima xornadas do calendario. O sábado porase en xogo a Getxoko Estropaden XXXIX. Ikurriña e o domingo chegará a quenda da XXXIV Bandeira Petronor en augas de Zierbena.

Voltar