Novas 2017

ASOCIACION

14 Mai 2017

ACT e A Coruña, tres anos de unión

ACT e A Coruña, tres anos de unión

O Concello da Coruña e a ACT unen as súas forzas para que a capital coruñesa acolla unha bandeira da Eusko Label Liga nas tres vindeiras tempadas
 

A ACT e o Concello da Coruña selaron un acordo polo que a cidade galega acollerá unha xornada da competición as tres seguintes tempadas da Eusko Label Liga. Deste xeito, a capital coruñesa poderá desfrutar de toda a emoción da loita pola Coroa CaixaBank nas tempadas 2017, 2018 e 2019. Por outra banda, tanto os espectadores que se despracen como os propios deportistas encontraranse con unha cidade que ofrece unha infinidade de oportunidades e, que sen lugar a dúbida, os recibirá cos brazos abertos.

A praia de Riazor e todos os que se acheguen aos arredores do escenario da regata serán testemuñas o vindeiro 15 de xullo da xornada da Eusko Label Liga coa desputa da Bandeira Cidade da Coruña, na que será a regata que inaugurará o primeiro dos dous fins de semana en augas galegas deste verán na máxima categoría do remo. Non é casualidade que esta tempada sexa unha tempada “Capital”, xa que os 12 clubs da Asociación navegarán e ofrecerán a súa mellor versión pola maioría de capitais do norte da península, visitando lugares como San Sebastián, Bilbao, Santander e a propia Coruña.

Un escenario coñecido, mais distinto

A proba deportiva desputarase frente a praia de Riazor, nunha localización que non é nova para a desputa desta práctica deportiva, xa que a Bandeira Teresa Herrera que poñen en xogo os clubs galegos cada verán ten lugar nese mismo escenario. Aínda que se sitúen no mesmo lugar, ambos campos de regateo son completamente diferentes. No caso do Teresa Herrera, o campo móntase na zona da Torre de Hercules, mentres que o campo desta Bandeira Cidade da Coruña estará situado na zona do Estadio de Riazor con unha orientación que levará os deportistas a navegaren mar adentro.

Daquela, os encargados de rubricaren este acordo foron Alberto Lema, concelleiro de turismo do Concello de A Coruña, e Mario Vidal, directivo da ACT. Para Lema con esta aposta a tres anos "buscamos que o evento teña continuidade, non apenas para crear afección, mais para que a xente o coloque no calendario como unha referencia á hora de planificar vacacións ou actividades fóra da casa". Ademais, o edil apunta que "estamos convencidos de que será un éxito". Pola súa banda, Vidal sinalou que "despois de estar tantos anos a tentalo, é un orgullo que as tres vindeiras tempadas vaiamos poder estar aquí". 

Voltar