Novas 2017

ESPECIAL

06 Abr 2017

Volta á casa

Volta á casa

Jon Salsamendi, novo adestrador de Orio Babyauto, é o primeiro protagonista desta serie de entrevistas
 

Coa recente presentación do acordo da ACT con Eusko Label, e o conseguinte nacemento da Liga Eusko Label, comezamos coa conta atrás para encetar unha nova batalla pola Coroa CaixaBank. Os remeiros visualizan as primeiras regatas do calendario e os adestradores seguen a súa folla de ruta particular para que os seus cheguen no momento óptimo ao bandeirazo de saída da Liga Eusko Label.

Precisamente os adestradores son os protagonistas desta nova serie de entrevistas que iremos publicando semanalmente nas que cada preparador nos contará os pormenores da pretempada dos seus respectivos equipos e as aspiracións que teñen nesta campaña á que pouco lle falta para comezar.

O escollido para encetar esta nova sección é o oriotarra Jon Salsamendi, que tras telo gañado todo no ano pasado con Urdaibai Avia, regresou ao seu club de orixe para situar a Orio Babyauto na loita polas bandeiras. Salsamendi fálanos do que supón adaptarse a un novo equipo e o traballo que isto representa.

Voltar