Novas 2012

COMPETICION

21 Xan 2012

JAVIER GONZÁLEZ NOVO PRESIDENTE DO ACT

JAVIER GONZÁLEZ NOVO PRESIDENTE DO ACT

O sábado 21 de xaneiro celebráronse na sede da Asociación de Clubs de Traíñas en Oiartzun a 1ª e 2ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2012 coa participación de todos os clubs pertencentes á mesma. Na segunda Portugalete e Zierbena ocuparon o lugar de Camargo e Orio como socios da ACT. Despois da Asemblea os clubs continuaron o bo ambiente da cita na Sidreria Bereziartua de Astigarraga.

Na Asemblea Ordinaria nº 1 salientaron os seguintes puntos:

- Lectura e aprobación da acta da última Asemblea celebrada en Castro Urdiales o pasado mes de decembro.
- Aprobación das contas da Tempada 2011: Preséntanse as contas e balanzos do exercicio 2011, despois das explicacións oportunas apróbase o peche económico da tempada anterior cos 12 votos a favor (unanimidade). As contas ascenden ao total de 700.000€.
- Aprobación da xestión da Xunta Directiva na Tempada 2011: O presidente da ACT, Sr. Piter Bravo, fai un resumo breve da tempada e apróbase por unanimidade.
- Ratifícase a admisión do CR San Nicolás de Portugalete e Zierbena AE como novos socios da Asociación de Clubs de Traíñas coa conseguinte perda da condición de asociados de CR Valle de Camargo e CRO Orio AE.

Na Asemblea Ordinaria nº 2 destacaron os seguintes puntos:

- O importe dos premios en cada bandeira ascenderá a un mínimo de 22.500€, a mesma cantidade que na tempada anterior.
- Apróbase presentar un aval de 22.500€ o 1 de maio. A aqueles clubs que non se atopen inmersos en ningún proceso disciplinario, devolveráselles o aval o 30 de setembro de 2012. De non ser así a vixencia do aval será até o 31 de decembro. En canto á Liga Euskotren, os equipos inscritos deberán presentar unha fianza de 2.000€ que se devolverán ao remate da competición.
- Finalmente e despois da correspondente votación, por 8 votos a favor, 3 abstenciones y un voto en contra fica nomeada a nova Xunta Directiva da ACT composta por:
- Presidente: Javier González (Portugalete)
- Secretario: Francisco Garate (Astillero)
- Tesoureiro: Maria Isabel Diago (San Juan)
- Vocal: José Manuel Sotelo (Tirán)

Voltar