Novas 2019

COMPETICION

20 Xu˜ 2019

Zierbena completa o primeiro asalto

Zierbena completa o primeiro asalto

Esta mañá presentouse a XXXVI Bandeira Petronor - Zierbena que se desputará domingo na localidade biscaína

Zierbena completará neste domingo a partir das 12:00 horas a primeira fin de semana de competición da Eusko Label Liga. Logo de mediren as forzas por primeira vez na ría de Bilbao, os 12 aspirantes á Coroa CaixaBank voltarán á competición no domingo, desta vez no mar. Os clubs participantes terán que completar unha distancia de 5.556 metros, con catro longos e tres ceavogas. As boias interiores estarán ubicadas frente o porto da localidade galipa.

As quendas para esta segunda xornada da Eusko Label Liga estarán formadas en base á clasificación xeral, polo que se conformarán tras da desputa da X Bandeira de Bilbao.

Hoxe pola mañá tivo lugar o acto de presentación da XXXVI Bandeira Petronor - Zierbena no Club de Remo de Zierbena. José Luis Herrerías, presidente de Zierbena Bahías de Bizkaia; José Ignacio Zudaire, responsábel de Relacións Institucionais de Petronor; e Iñigo Ortuzar, alcalde de Zierbena, foron os encargados de dirixiren este acto.

 

Voltar