Novas 2018

ESPECIAL

17 Ago 2018

Zarautz abre a recta final

Zarautz abre a recta final

A dobre xornada zarauztarra pon o peche á Liga Euskotren e marca o comezo do fin da tempada da Eusko Label Liga

Poucos encontros están tan marcados no calendario como o desta fin de semana. A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren desembarcan en Zarautz para poren en xogo a XLI. Zarauzko Estropadak e a Zarauzko X. Ikurriña respectivamente. Ambas bandeiras desputaranse a dobre xornada, sábado a partir das 18:00 horas e domingo das 11:45 horas en diante. O gañador da bandeira sairá da suma dos tempos de ambas xornadas.

As embarcacións da Eusko Label Liga vogarán divididas en tres quendas, e farano en base á clasificación xeral o sábado. Polo tanto, na primeira quenda remarán Tirán Pereira, San Juan Sumelec, Kaiku Producha e San Pedro. Na segunda farano Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola. E na de honra estarán Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia. As traiñeiras masculinas competirán en formato de liña tendo que cubrir unha distancia de 3 millas repartidas en catro longos e realizaren 3 ceavogas. 

Nas últimas 14 edicións da bandeira, Kaiku Producha (4), Orio Babyauto (3), Castro (3), Urdaibai Avia (3) e GO fit Hondarribia (1) repartíronse os triunfos. A edición do ano pasado foi para os aguiluchos, quen xa demostraron entre 1998 e 2002  que é un campo de regatas que dominan, xa que conseguiron impórense en 5 anos consecutivos. O récord do campo de regatas é para Castro, que en 2008 realizou un tempo acumulado de 38'56"72. Así que pase esta fin de semana apenas ficarán catro xornadas para dar por rematada a competición, polo que comeza a recta final para os clubs e para veren as súas aspiracións

O encontro feminino desputarase tamén en formato de liña con dous longos e unha ceavoga, para cubriren así a distancia estipulada de 1,5 millas. Na Liga Euskotren xa se coñece a campioa de Liga, que non é outra que San Juan Iberdrola que certificou o seu primeiro lugar o domingo pasado en Hondarribia. As arroxak recibirán tras da regata do domingo o Trofeo Euskotren que as acredita por quinta vez consecutiva como campioas da Liga Euskotren da tempada 2018. Precisamente as Batelerak foron quen se impuxeron nas últimas 4 edicións da Zarauzko Ikurriña e procurarán pechar a tempada por todo o alto. O récord feminino do campo de regatas osténtao Getaria - Tolosa con 21'15"22.

As balizas interiores estarán colocadas pasado Alle Punta e a Fan Zone da Eusko Label Liga estará situada na Musika Plaza para que os afeccionados poidan seguir a regata do mellor xeito acompañados dos mellores produtos. 

Voltar