Novas 2017

ESPECIAL

20 Xu˜ 2017

Xa chegou a nova Boga 2017!

Xa chegou a nova Boga 2017!

Xa está preparada a guía da Eusko Label Liga, que nos porá ao día de todos os acontecementos que depara esta competición

Outro ano máis, a revista Boga vai ser o boletín que nos proporcionará toda a información sobre as regatas e os aspirantes a se faceren coa Coroa Caixabank. A través das 98 páxinas que compoñen a revista, detállanse cales son os doce clubs que participarán na Eusko Label Liga e as dez embarcacións da Liga Euskotren. Ademais, especifícase o calendario das 18 xornadas da tempada, onde tamén se proporciona información sobre as localidades que acollerán a loita pola Coroa Caixabank.

A revista Boga dedica un apartado propio, dun par de páxinas, a cada equipo. Nel, detállanse cales serán os remeiros de cada club, así como as altas e baixas que tiveron con respecto á pasada tempada. Ademais, no apartado “En 4 padas” podemos atopar datos curiosos sobre os clubs socios da ACT.

A publicación conta con catro artigos de opinión con visións moi particulares do mundo do remo. No primeiro, Borja Rodrigo fala sobre o reto de ser o novo presidente da ACT, e de dirixir por primeira vez a Eusko Label Liga. O segundo, protagonízao Unai Emery, exfutbolista profesional, actual adestrador do Paris Saint-Germain e gañador de tres trofeos Europa League co Sevilla. Nel, entre outras cousas, conta a súa relación persoal co mundo do remo. No terceiro, Iñigo Asensio, a voz da Eusko Label Liga, declara que as xornadas de remo lle proporcionan un encanto especial aos veráns. Jokin V. de Lecea, pola súa banda, confesa o seu amor polo remo. O último artigo, non por iso menos importante, dalle voz a Ana Argote e Guillermo Arrieta, dous compoñentes importantes de Mahou-San Miguel, patrocinador da Eusko Label Liga.

Voltar