Novas 2017

ESPECIAL

23 Xu˜ 2017

Volta o Tour Coroa CaixaBank!

Volta o Tour Coroa CaixaBank!

Durante o verán, o ansiado trofeo viaxará polos diferentes municipios que acollen as xornadas da Eusko Label Liga para se fotografar cos afeccionados

Un ano máis, mentres os remeiros percorren os mellores campos de regatas de Hondarribia a Moaña, a Coroa CaixaBank voltará emprender a súa particular viaxe de verán. O propósito desta iniciativa é o de achegar aos afeccionados o ansiado trofeo que se lle entrega ao campión da Eusko Label Liga en setembro, para que poidan velo e fotografarse con el.

Participando no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para ver ao vivo a derradeira regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun mallote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado nesta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrares no sorteo só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirares unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)

do 7 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)

do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander | Oficina CaixaBank (Jesús de Monasterio, 19-21)

do 24 de xullo ao 30 de xullo Getxo | Polideportivo Gobela (Luis López Oses, 3)

do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia | Polideportivo Hondartza

do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz | Polideportivo Aritzbatalde

do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro | Concello de Boiro (Praza Galizia)

do 28 de agosto ao 11 de setembro Donostia | Aquarium Donostia (Plaza Carlos Blasco Imaz, 1)

do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete | Gran Hotel Puente Colgante (Doña María Díaz de Haro, 1)

Voltar